Un encontro cheo de alternativas no que o Lugo Sala empurrou ata o final, pero o Ribeira fixo valer a súa vantaxe inicial
División de Honra Xuvenil – Grupo 1
Lugo Sala Acasti reformas vs Ribeira FS Sibuscascoche
Resultado ao descanso: 2–5
Resultado final: 4–5
Aliñacións:
— Lugo Sala: Vila, Rión, Javi, Dela, Sanfiz
— Ribeira FS: Hugo Sánchez, Saúl, David, Iker, Tubio
Banquiños:
— Lugo Sala: Adri, Yagolín, Maikol, Aitor, Iago N., Braisete
— Ribeira FS: Pablo Dorado, Dani, Álvaro, Marco, Mateo, Iago, Miguel, Héctor
Goleadores do partido:
— Lugo Sala: Javi (2), Sanfiz, Rión
— Ribeira FS: Saúl (3), Tubio, Héctor
Destacados da xornada ;
Javi, Saúl, Rión, Tubio e Braisete foron algún dos xogadores máis destacados do partido.
Resumo do partido:
O derbi arrincou cun Ribeira moi eficaz de cara a portería, castigando erros iniciais do Lugo Sala para poñerse 0–2. Cos visitantes dominando e sendo moi verticais, a renda ampliouse ata o 0–3 antes de que o Lugo Sala reaccionase e reducise diferenzas. Os minutos finais do primeiro acto convertéronse nun intercambio de golpes: o Lugo Sala buscou o partido con porteiro xogador, pero o Ribeira respondeu con acerto para chegar ao descanso cun 2–5 que daba comodidade aos de Pablo Díaz.
Na segunda metade o guión cambiou por completo. O Lugo Sala, espoleado pola afección e pola fe na remontada, marcou de forma temperá o 3–5 e conseguiu encerrar ao Ribeira no seu campo durante longos tramos, cun opoñente incómodo en fase ofensiva. As expulsións obrigaron ao Lugo Sala a defender en inferioridade, cortando o ritmo do seu mellor momento, aínda que resistiu sen encaixar. Co porteiro xogador, os locais asinaban o 4–5 a falta de catro minutos e dispuxeron de opcións para empatar, pero o Ribeira mantívose firme ata o final para sumar os tres puntos pola mínima nun derbi vibrante e de emoción ata o último segundo.
Claves do partido:
— O acerto do Ribeira na primeira metade.
— O mal inicio e a falta de gol do Lugo Sala nos minutos iniciais.
— As expulsións que cortaron o mellor tramo do cadro local.
Expulsións: Iago N., Sanfiz e Adri (Lugo Sala)
Frase dos adestradores:
— Pablo Díaz (Ribeira): “Fixemos unha boa primeira parte que nos permitiu ter unha boa renta para afrontar o resto do partido.”
— Christian (Lugo Sala): “El rival fue capaz de aprovechar nuestros errores y competir mejor durante todo el partido.”
Próximo enfrontamento:
— O Lugo Sala medirá o seu nivel fronte ao Stellae Leis Pontevedra FS buscando volver puntuar.
— O Ribeira enfrontarase ao Carballiño, que chega tras tres derrotas consecutivas e con 7 puntos en 8 xornadas.