Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira non concedeu opcións no derbi capitalino infantil

A maior calidade técnica e a mellora na segunda metade aseguran a vitoria do Ribeira nun encontro moi desigual

Preferente Infantil Feminina
Casás vs Ribeira FS 11teamsports
Resultado ao descanso: 0–4
Resultado final: 0–11

Aliñación Casás: Alicia, Sarai, Daniela, Cintia, Ximena
Banquiño Casás: Ildara, Carla, Uxía, Noa López, Noa Castro

Aliñación Ribeira FS 11teamsports: Leire León, Laura Álvarez, Shaila Barreiro, Alba Varela, Tania López
Banquiño Ribeira FS 11teamsports: Sara Díaz, Aurora García, Aldara López, Irene de La Santísima Trinidad

Goleadoras:
Ribeira FS 11teamsports: Aurora, Daniela, Tania (3), Helena, Alba, Shaila (3), Irene

Resumo do partido:
O derbi infantil feminino comezou cunha clara superioridade do Ribeira FS, que se foi ao descanso cun 0–4 grazas á súa maior calidade técnica, pero sen ofrecer unha imaxe tan sólida no xogo como reflicte o marcador. O Casás mostrouse moi ben plantado sobre a pista nos primeiros minutos, pero os seus erros na defensa e a falta de acerto a portería non lles permitiron competir de igual a igual co rival. A segunda metade foi totalmente diferente. O Ribeira mellorou na súa actitude, dominou a posesión e foi superior, o que lle permitiu marcar 7 goles máis. O Casás, pola súa banda, intentou xerar algunhas ocasións mediante xogadas longas, pero a gran actuación de Leire León, que estivo moi atenta e acertada baixo paus, impedíu que o marcador se recurtase. O resultado final de 0–11 foi, sen dúbida, un reflexo do control do xogo por parte do Ribeira, aínda que o Casás, como sempre, loitou sen descanso.

Clave do partido:
A superioridade técnica do Ribeira, pero especialmente a mellora na súa actitude na segunda parte.

Frase de Luna:
«Se non nos esiximos en todos os partidos, non se fará boa a victoria acadada en Santiago.»

Próximo enfrontamento:
— O Casás recibirá ao Compañía de María, mentres que O Ribeira FS A xoga contra o Ribeira FS B, pero os dous partidos serán despois do parón polo Entroido.

Advertisement