Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira non concedeu opcións no derbi capitalino da Preferente infantil feminina

O Polideportivo Sómos Fútbol de Lugo foi testigo dun intenso derbi entre o RIBEIRA F.S. MEIZOSO FDEZ e o ADC LUGO SALA ACASTI REFORMAS, correspondente á División Infantil Preferente Feminino. O partido rematou cunha actuación destacada das xogadoras do Ribeira, que mantiveron un nivel moi alto ao longo de todo o encontro.

1ª Parte: O RIBEIRA F.S. Impónse con autoridade

Dende o pitido inicial, o RIBEIRA F.S. demostrou a súa forza e intensidade. Mentres o LUGO SALA non conseguía atopar o seu ritmo, o conxunto de Antia Corral saíu moito máis metido no encontro, presionando alto e xogando de maneira eficaz. A falta de intensidade das visitantes, xunto cos erros individuais e a perda de duelos, permitiu ao RIBEIRA abrir o marcador de maneira temprana.

Aos 2 minutos, Nerea Corral abriu a lata co 1-0, seguido de un gol de Antia Rodríguez que ampliaba a vantaxe (2-0). A pesar de que o LUGO SALA intentou reaccionar co traballo do porteiro xogador, as súas accións non tiveron éxito. O RIBEIRA continuou sendo máis preciso nas súas chegadas e, antes do descanso, Shaila Barreiro e Alma Díaz e de novo Nerea Corral fixeron o 3-0, 4-0 e 5-0, respectivamente.

2ª Parte: O RIBEIRA F.S. Remata coa vitoria

Na segunda parte a pesar do resultado adverso, o LUGO SALA non se deu por vencido e, grazas ao gol de Uxía (6-1), puideron salvar a honra no marcador.pero o xogo non mellorou para o LUGO SALA, que se viu incapaz de mellorar o seu xogo. A falta de confianza foi evidente, e o RIBEIRA aproveitou a situación para continuar ampliando a súa vantaxe. Irene Trinidad e Sara Portomeñe, cada unha con dous goles, ademais, un gol en propia porta e outro de Daniela Coira, elevaban o marcador a un abultado 11-1.

Alineación do RIBEIRA F.S.: 

Leire León, Antia Rodríguez, Laura Álvarez, Alma Díaz, Nerea Corral 

Banquiño do RIBEIRA F.S.: Shaila Barreiro, Sara Portomeñe, Helena Castro, Aldara López, Carla López, Daniela Coira, Irene Trinidad 

Goleadoras do RIBEIRA F.S.: Nerea (2), Irene (2), Sara (2), Propia porta, Antia, Shaila, Alma, Daniela

Alineación do ADC LUGO SALA ACASTI REFORMAS: 

Uxía, Alexia, Alba, Noa, Andrea 

Banquiño do LUGO SALA: Abby, Juanita 

Gol do LUGO SALA: Uxía

As Tres Mellores do LUGO SALA: 

3 puntos: Alba 

2 puntos: Uxía 

1 punto: Noa

Claves do Partido: 

– Antia (RIBEIRA F.S.): O traballo grupal foi a chave do noso éxito. 

– Luchi (LUGO SALA): Temos que aprender a valorar máis o traballo e confiar en que podemos sacar adiante os partidos.

Frase de Antia (RIBEIRA F.S.): «A constancia destas pequenas é de alabar.» 

Frase de Luchi (LUGO SALA): «Viñamos da casa pensando en que íamos perder… E así é imposible sacar nada.»

Próxima Xornada: 

O LUGO SALA recibe na súa casa ao O PARRULO F.S., penúltimo clasificado e con 5 derrotas consecutivas. Pola súa banda, o RIBEIRA F.S. visitará ao VICTORIA CF., líder invicto da liga, que non cedeu ningún punto na tempada, pero o Ribeira chega con 4 vitorias seguidas. A cita promete ser emocionante.

Patrocinio