As locais asinaron un partido moi serio, dominando de principio a fin e resolvendo sen concesións ante o Monterroso.
Cadete Preferente Feminina
Ribeira FS 11teamsports vs Monterroso SD
Resultado ao descanso: 4-0
Resultado final: 6-1
Aliñación ; Saínza, María Granero, Nerea, Alma, Antía
Banquiño ; Uxue, Chloe, Xenia, Shaila, Sara López, Sara Portomeñe, Candela
Goleadoras: Nerea (2), Alma (1), Shaila (1), María Granero, Uxue
Destacadas da xornada: 1) Sara Portomeñe, 2) Candela, 3) Uxue
Resumo do partido:
O Ribeira deixou claro dende o inicio que quería o partido. No primeiro minuto xa se adiantou no marcador e, a partir de aí, impuxo un dominio total en todas as facetas do xogo. As de Cabanas foron superiores no ritmo, na presión e na circulación de balón, xerando ocasións constantes e chegando ao descanso cun claro 4-0 que reflectía o visto sobre o parqué. Na segunda metade o guión mantívose, aínda que co marcador a favor o equipo xogou con máis tranquilidade e control. Os goles da segunda parte chegaron nos últimos cinco minutos, culminando unha actuación coral moi sólida, mentres que o Monterroso anotou o seu tanto nun tramo final xa decidido.
Clave do partido: A conexión coas pivots foi determinante
Frase de Cabanas: “Seguimos trabajando”
Próximo enfrontamento: O Ribeira afrontará agora un derbi provincial de alto voltaxe ante o Castro FSF, líder da categoría, cun duelo directo que pode marcar a loita polos postos altos da clasificación, co Castro primeiro e o Ribeira segundo a seis puntos.