As de Luna asinan un partido moi completo para sumar tres puntos de enorme valor nunha pista esixente.
Preferente Alevín Feminina
FSF Castro vs Ribeira En Boas Máns
Resultado ao descanso: 2-2
Resultado final: 3-4
Alineación: Daniela Quijada, Maria, Andrea López, Cira, Alba
Banquiño: Martina, Candela, Aldara, Claudia, Antia, Paula, Yaisa
Goleadoras: Alba, Candela, Cira, Paula
Destacadas da xornada: 1. Daniela Quijada, 2. Andrea, 3. Cira
Resumo do partido:
Derbi moi complicado ante o segundo clasificado, na súa pista e cun alto nivel de rivalidade. O encontro comezou cun dominio repartido, con ambos equipos moi claros no seu plan de partido e cunha intensidade máxima desde o primeiro minuto. As xogadoras do Ribeira deron o 100% nos primeiros 20 minutos, sen complexos e competindo de ti a ti.
Houbo ocasións para ambos conxuntos, pero as capitalinas destacaron pola súa valentía e decisión, empezando a meter as chairegas no seu propio campo e deixando claro que o crecemento desde a xornada 2 está a ser enorme. O equipo local buscaba o seu xogo a través de accións individuais e da superioridade física, mentres que o Ribeira amosaba maior coherencia colectiva, solidez defensiva e claridade en ataque. O empate ao descanso reflectía o visto na pista, con sensacións moi positivas para as lucenses.
Na segunda metade, as pequenas de Luna sairon convencidas de que os tres puntos podían chegar. O equipo mantivo a intensidade, sen acusar o cansazo, mentres que os nervios empezaron a aparecer no cadro local ao ver como o marcador se inclinaba cara ao lado visitante. Paula puxo o 2-3 cun golpeo exquisito, aínda que o Castro conseguiu empatar tras unha gran acción defensiva de Daniela Quijada cuxo rexeite acabou dentro da portería.
Lonxe de baixar os brazos, o Ribeira seguiu crendo. As sensacións eran excelentes e o equipo sabía que aínda quedaba unha oportunidade máis. Esta chegou tras un roubo nun saque de esquina do Castro e unha galopada decisiva que serviu para poñer o 3-4 definitivo, culminando un triunfo merecidísimo. Terceira vitoria consecutiva fóra da casa para as de Luna, que seguen medrando xornada a xornada.
Clave do partido: Estar unidas e crer nas súas capacidades.
Frase de Luna:
“O Ribeira é fútbol sala.
O traballo en equipo é máis poderoso que as individualidades, creo que merecidísimos 3 puntos e seguimos a por máis.”
Próximo enfrontamento: O Ribeira xogará na casa ante o Ventorrillo FS, un novo reto para confirmar o gran momento do equipo.