O Ribeira segue deixando a súa pegada na historia do fútbol sala galego: cuarto título consecutivo deste grupo, tras vencer 7-0 na gran final.
Infantil Masculino – Final campeonato Galego
Ribeira FS Meizoso Fernández – 5 Coruña FS
Resultado ao descanso: 5-0
Resultado final: 7-0
Aliñación: Matías , Hugo Jartín, Alex Freire, Yoel, Hugo Álvarez
Banco: Pablo Piñeiro, Dani Prieto , Martín Ferreiro, Pablo Piñeiro, Alberto Durán, Unai Vázquez, Bruno Díaz
Goleadores: Alex Freire, Yoel, Hugo Jartín (2), Pablo Arias, Hugo Álvarez, Alberto Durán
O encontro comezou cun respeto mutuo entre os dous equipos, que se asentaron en media pista. O primeiro susto foi para o Ribeira, cando o 5 Coruña tivo unha oportunidade que Matías salvou cunha boa intervención. O partido foi comedido durante os primeiros minutos, pero ao pouco os lucenses comezaron a tomar o control, e tras un gran gol de Hugo Jartín, ao rechaze dun disparo de Hugo Álvarez. A confianza incrementouse, aínda que o 5 Coruña intentaba saír a contra, os de César impuxeron o seu ritmo e, tras un gran roubo de Yoel, ampliou a vantaxe Hugo Álvarez para o 2-0. Pouco despois, nunha boa parada de Matías e saque rápido, Pablo Arias fai o 3-0. O equipo da capital lucense continuou a súa boa dinámica, e cun golazo de Yoel e un penalti transformado por él mesmo puxeron o 5-0, que deixou claro quen dominaba o encontro ao descanso.
Na segunda metade, os herculinos tentaron subir a presión, pero o Ribeira non se deixou sorprender. O traballo defensivo foi exemplar, co equipo concentrado e axudándose mutuamente. Aínda que os coruñeses tiveron un par de ocasións claras que foron desbaratadas por Matías e o pau, o Ribeira seguiu coa súa marxe no marcador, e ampliouna cun gol de Alberto Durán tras unha gran contra. O 5 para 4 do equipo que exercía de visitante non deu froito, e Hugo Jartín fixo o definitivo 7-0 a porta baleira. Nos últimos minutos, o Ribeira dominou a posesión e deixou que o tempo pasase, rematando a tempada cunha vitoria incontestable. Este campeonato Galego e o cuarto consecutivo de este grupo de rapaces, que comezou en Benxamíns na tempada 22/23 gañando 6-3 a Cios Vigo FS, os dous cursos de Alevíns, na 23/24, 2-1 de novo a Cios Vigo FS, ao ano seguinte (24/25 ) gañando a Kompite Amor de Díos 3-0, e que remata con está incontestable vitoria ante o 5 Coruña, todas elas con César como adestrador principal.
Clave do partido:
A tranquilidade do Ribeira, que soubo ler o partido á perfección e poñerse por diante no marcador, o que lles deu moita confianza.
Frase de César:
«Partido excepcional dos nenos, moi comprometidos e xogando en equipo, pon a guinda a unha gran tempada.»
Próximo rival:
O Ribeira xogará os oitavos de final da Copa o vindeiro fin de semana.