Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira infantil debuta ao grande na Copa

Tras un primeiro tempo igualado, o Ribeira rompe o partido na segunda metade cun contundente 10-3

Infantil Masculino, Copa Galicia, Subgrupo 1A
Ribeira Meizoso Fernández vs Codima Santiago
Resultado ao descanso: 3-1
Resultado final: 10-3

Aliñación: Matías, Hugo Jartín, Alex Freire, Adriano, Martín Ferreiro
Banco: Pablo Piñeiro, Sergio, Massimo, Hugo Fontao
Goleadores: Alex Freire, Adriano, Massimo, Martín Ferreiro (4), Pablo Piñeiro (2)
Destacados da xornada: 1-Martín Ferreiro. 2-Pablo Piñeiro. 3-Hugo Fontao.

Resumo do partido:
O Ribeira Meizoso Fernández comezou o partido cun ritmo algo lento, controlando a posesión do balón, pero sen lograr imprimir moita velocidade ao xogo. O Codima Santiago defendía ben, encerrado en 12 metros, e buscaba saír á contra, conseguindo unha boa oportunidade que Matías salvou cunha gran intervención. Ese susto espabilou ao Ribeira, que empezou a mover o balón con maior rapidez, e tras unha gran xogada colectiva, Alex Freire abriu o marcador cun disparo potente. Aínda que o Ribeira dominaba, a velocidade baixou un pouco e o Codima non sufría moito. No entanto, nunha boa xogada ao primeiro toque, Massimo fixo o 2-0, pero un erro defensivo permitiu ao Codima achegarse co 2-1. Os lucenses reaccionron de inmediato cun gran pase longo de Matías a Martín Ferreiro, que fixo o 3-1 antes do descanso.

Na segunda metade, o Ribeira comezou algo dormido e o Codima aproveitou unha perda de balón para reducir a diferencia a 3-2. Con todo, ao pouco, Martín Ferreiro marcou un gran gol lonxano para o 4-2, e a partir de aí, o Ribeira apertou e non deu opcións. En seis minutos fixeron 5 goles máis, sentenciando o partido. Nos últimos 10 minutos, os de César baixaron a media pista para controlar o balón e pechar o marcador cun contundente 10-3.

Clave do partido:
O acerto do Ribeira nos primeiros minutos da segunda parte, cando conseguiu ampliar a vantaxe rapidamente.

Frase de César:
«Sacamos adiante un partido complicado, nunha tarde de moito calor, cun gran esforzo dos pequenos.»

Próximo rival:
O Ribeira xogará contra o Alto do Vento no seguinte partido da Copa Galicia.

Patrocinio