A presión e o ritmo de xogo lucense acabaron pasando factura ao Coruxo na segunda parte
Infantil Preferente: Semifinais Título de Liga
Ribeira FS Meizoso Fernández vs IES Coruxo FS
Resultado ao descanso: 4-3
Resultado final: 9-4
Aliñación: Matías, Hugo Jartín, Alex Freire, Yoel, Martín Ferreiro
Banco: Pablo Piñeiro, Sergio, Hugo Álvarez, Pablo Piñeiro, Alberto Durán, Unai Vázquez, Bruno Díaz
Goleadores: Alex Freire (2), Yoel (2), Hugo Jartín, Pablo Piñeiro, Martín Ferreiro, Pablo Arias e Matías
Destacados da xornada: 1.- Yoel 2.- Pablo Piñeiro 3.- Alex Freire
O partido comezou a un ritmo altísimo, con ambos os equipos buscando xerar ocasións dende o primeiro minuto. O Ribeira abriu o marcador grazas a un gol de Alex Freire tras unha gran contra , pero rapidamente o Coruxo igualou o marcador cunha boa contra . O encontro era de ida e volta, e os lugueses, coa súa presión alta, xeraban numerosas ocasións, pero tamén sufrían nas contras do Coruxo. Tras un gol de Yoel e outro de Pablo Arias, o Ribeira puxo o 3-1 e parecía encarrilar o partido. Con todo, un erro defensivo ao sacar unha falta permitiu ao Coruxo achegarse co 3-2. Pouco despois, Alex Freire fixo o 4-2 cunha gran xogada, pero a falta de 12 segundos, o os visitantes aproveitaron unha falta de 10 metros para poñer o 4-3 ao descanso. Alex Freire caeu golpeado na cabeza durante unha xogada e non volveu xogar no segundo tempo por precaución.
Na segunda metade, os pequenos de César mantiveron a súa intensidade e, tras unha gran xogada colectiva, Hugo Jartín fixo o 5-3. Os coruxeiros, xa cansados pola intensidade da primeira parte, viron como os locais seguían ampliando a vantaxe, cun gol de Martín Ferreiro e outros dous en superioridade numérica de Pablo Piñeiro e Matías. O equipo visitante marcou o seu cuarto gol por medio dun dobre penalti , pero xa sen opcións de remontar, o Ribeira pechou a conta cun gol de Yoel nos últimos instantes, que deixou o marcador no 9-4 final.
Clave do partido:
O ritmo altísimo imposto polo Ribeira, que acabou por pasarlle factura ao Coruxo na segunda metade.
Frase de César:
«Partido durísimo de unha intensidade brutal contra un gran equipo coma o Coruxo que nos fixo sufrir moito, pero que ao final sacamos adiante cun gran partido.»
Lesións:
Alex Freire, que se golpeou na cabeza no parqué e se mareou moito. Esperemos que se recupere prontoA Gran Final:
Ribeira FS Meizoso Fernández vs 5 Coruña Agua de Parada, no Pabillón Municipal de Os Remedios de Ourense, á próxima fin de semana, é a data e situación da Finalisisma polo título