Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira impúxose no derbi xa ca condición de campión de Liga

O Meizoso Fernández citouse con Lugo Sala sendo matemáticamente tralo empate do 5 Coruña. A próxima parada dos lucenses serán as semifinais polo título galego infantil

Infantil Preferente Masculina
Ribeira FS Meizoso Fernández – Lugo Sala Acasti reformas
Resultado ao descanso: 5–1
Resultado final: 5–2

Aliñación do Ribeira FS: Dani Prieto, Hugo Álvarez, Alex Freire, Pablo Arias, Pablo Piñeiro
Banco: Matías, Martín Ferreiro, Hugo Jartín, Rodrigo Durán, Hugo Álvarez, Unai Vázquez

Aliñación do Lugo Sala: Iker, Pedro, Villa, Enzo, Gael
Banco: Asier, Iker Ramos, Uriel, Nuno, Antón

Goleadores:
Ribeira FS: Alex Freire (2), Martín Ferreiro , Bruno e Rodrigo Durán
Lugo Sala Acasti: Villa e Enzo

Destacados da xornada:
Ribeira FS: 1- Alex Freire. 2- Pablo Arias. 3- Hugo Álvarez.

Lugo Sala Acasti: 1- Villa. 2- Enzo. 3- Iker.

Resumo do partido:
Os de César chegaron a este derbi tras proclamarse campións de liga o venres pasado no partido contra o 5 Coruña FS, un empate que lles deu o título de liga, esto deulles ainda máis confianza e saltaron ao campo cunha gran intensidade, marcando rapidamente grazas a Alex Freire, que abriu o marcador ao pouco de comezar. O Lugo Sala Acasti non conseguiu atopar o seu xogo de principio, sufrindo baixo a presión do rival, pero ainda así conseguiu o empate con gol de Enzo. Pero o Ribeira FS adiantouse de nozo pasado o ecuador da primeira parte, poñendo un, 5–1 no descanso.

Os rapaces de Álvaro, aínda que con algúns erros, reaccionaron e melloraron a súa intensidade defensiva na segunda parte, conseguindo reducir distancias cun gol de Villa. O equipo visitante tivo ocasións para poñerse máis preto, grazas á mellora defensiva e as saídas a contra, pero o Ribeira FS soubo controlar o partido ata o pitido final.

Frase de César: “Outro gran partido dos nenos que seguen a un gran nivel a pesares de todos os partidos que levan encima.”

Frase de Álvaro; «Felicitar a todos os xogadores polo ano que realizaran.»

Próximo enfrontamento
— O Ribeira FS xogará contra Codima na súa primeira xornada de Copa.
— O Lugo Sala Acasti terá xornada de descanso na Copa, que arrinca o vindeiro fin de semana. O equipo queda encadrado no subgrupo 1D con Lago Sport das Pontes e Troula Betanzos.

Patrocinio