Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira gustouse na Preferente cadete masculina ante 5 Coruña no Municipal

No Pavillón dos Deportes de Lugo, o RIBEIRA F.S. AUTOCARES ÁLVAREZ impúxose de forma rotunda por 8-0 ante o ACADEMIA 5 CORUÑA F.S., nun partido correspondente á categoría Cadete Preferente Masculina. O equipo de Pablo Díaz, que viña de perder na xornada anterior, deixou claro que segue loitando pola parte máis alta da clasificación, na que ocupa actualmente o segundo posto, a 4 puntos do líder, O Parrulo.

Resultado ao descanso ; 3-0

Resultado final ; 8-0

Alineación do RIBEIRA F.S. 

Titulares: Hugo, Brais, Mateo, Dani, Iago 

Banquiño: Erik, Álvaro, Héctor, Miguel, Iker, Mario 

Goles: 

Álvaro (3), Héctor, Dani, Miguel, Brais (2)

Primeira parte 

O encontro comezou cunha gran intensidade por parte dos dous equipos, que propuxeron unha defensa moi presionante, buscando roubar o balón preto da portería rival. Foi precisamente grazas a este xogo intenso de recuperación que o RIBEIRA logrou abrir o marcador. A pesar de crear moitas ocasións ao longo da primeira metade, o equipo local non acadou a eficacia que desexaba na finalización. Mentres tanto, o ACADEMIA 5 CORUÑA F.S. intentaba xogar con máis combinativo, pero apenas inquedou a portería local, limitándose a algúns roubos de balón que non tiveron consecuencias no marcador. O resultado ao descanso foi un 3-0 favorable ao RIBEIRA con goles de Álvaro, Brais e Héctor.

Segunda parte 

Na reanudación, o RIBEIRA F.S. saíu cunha gran decisión, determinado a pechar o encontro desde os primeiros minutos. En dúas boas accións de ataque, o conxunto de Pablo Díaz logrou subir o marcador a un claro 5-0, con tantos de Dani e Miguel, unha vantaxe que deixou sen resposta ao ACADEMIA 5 CORUÑA F.S., que a pesar de algúns intentos, viu como o porteiro local, Hugo, se encargaba de desbaratar as súas poucas ocasións. A superioridade física do equipo local foise facendo cada vez máis patente, e outros tres goles máis, por medio de Álvaro en duas ocasión e Brais , pecharon a conta, deixando o resultado final nun incontestable 8-0.

A clave do partido

A superioridade física do RIBEIRA F.S. fixo que o encontro se decidira de forma tan clara, sen que o rival puidese reaccionar ante a presión constante que exerceron sobre o balón e a súa capacidade de finalización.

Frase do adestrador Pablo Díaz: 

«Volvemos á vitoria cun bo partido en xeral. Aínda hai cousas que mellorar, pero seguimos medrando como equipo e loitando por estar na parte máis alta da clasificación.»

A seguinte xornada, o RIBEIRA F.S. terá xornada de descanso, e o próximo partido será dentro de dúas semanas contra o GALICIA GAITEIRA en A Coruña.

Patrocinio