Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira FS protagoniza unha remontada épica e volve á senda da vitoria

A pesar de ir perdendo 2-0 ao descanso, os lucenses mostran carácter e remontan sobre a bucina

División de Honra Xuvenil
Stellae Leis Pontevedra – Ribeira FS Sibuscascoche
Resultado ao descanso: 2-0
Resultado final: 3-4

Alineación: Hugo Sánchez, Álvaro, Mateo, Dani, Iago
Banquiño: Pablo Dorado, Saúl, Marco, David, Hadrian, Miguel, Tubio, Iker
Goleadores/as: Saúl, Iago (3)

Resumo do partido:
O encontro comezou de forma desafortunada para os rapaces de Pablo Díaz, que encaixaron un gol aos 10 segundos de iniciar o partido, o que dificultou moito a súa entrada en xogo. O rival, ben organizado defensivamente, non deu opcións para que o Ribeira xerase ocasións, e un contragolpe ben executado polo Stellae Leis fixo o 0-2 aos 8 minutos. A pesar de ter máis posesión e dominar o balón, os lucenses non conseguían xerar ocasións claras, creando perigo só a través de xogadas individuais ou estratexias, o que fixo que non se movese o marcador ata chegar ao intermedio.
Na segunda parte, o Ribeira FS cambiou de mentalidade e saíu en busca do empate, presionando máis alto e xogando a un ritmo moito máis fluido, o que dificultou a defensa rival. Saúl marcou o 2-1, dando esperanza ao equipo, e pouco despois Iago logrou o 2-2, deixando os últimos 14 minutos completamente abertos. Os pontevedreses, sen embargo, conseguiron poñerse de novo por diante cun gol tras un barullo na área, colocando o 3-2. A pesar de todo, o Ribeira non se deu por vencido e, con gran carácter e determinación, Iago puxo o 3-3 cun excelente disparo a 10 minutos do final. Nos últimos minutos do encontro, os xogadores de Pablo Díaz dominaron, e cando quedaban apenas 90 segundos, Iago completou a remontada cun gol tras un rexeite na área. No último minuto, os lucenses defenderon ben os ataques con porteiro xogador do Stellae e selaron unha grandisima vitoria por 3 goles a 4.

Clave do partido:
A gran reacción do equipo na segunda metade, que logrou dar a volta ao marcador e manter a concentración no tramo final.

Frase de Pablo Díaz:
«Vitoria xusta e traballada de uns rapaces que cada día compiten mellor.»

Próximo enfrentamento:
O Ribeira FS enfrontarase ao Finura del Ibérico La Bañeza, buscando volver enganchar unha boa racha de resultados.

Advertisement