Un partido de alto ritmo e emoción, con dous equipos que deron espectáculo e un Ribeira cada vez máis sólido na competición.
Alevín Preferente Feminina
Ribeira En Boas Mans – LagoSport
Resultado ao descanso: 3-1
Resultado final: 4-2
Alineación: Daniela Quijada, Maria, Andrea López, Cira, Alba
Banquiño: Martina, Candela, Aldara, Claudia, Antia, Paula, Yaisa
Goleadoras: Cira (2), Andrea, Candela
Destacadas da xornada: 1. Cira, 2. Andrea, 3. Paula
Resumo do partido:
O Ribeira entrou no partido cun ritmo altísimo, mandando no xogo, movendo o balón con criterio e xerando ocasións claras, mantendo o mesmo guión competitivo que vén demostrando nas últimas xornadas. Pola súa parte, LagoSport respondeu con intensidade e calidade, ofrecendo un duelo precioso no que as dúas porteiras tiveron moito protagonismo coa súa seguridade baixo paus. O 3-1 ao descanso facía xustiza ao bo traballo das locais pero tamén recoñecía o nivel do rival.
Na segunda metade, as de Luna mantiveron o listón competitivo, combinando con fluidez e mostrando madurez en fases clave do encontro. As lucenses foron superiores por momentos e, sobre todo, máis efectivas de cara á portería contraria, convertendo o bo xogo en goles. LagoSport non deixou de competir en ningún momento, pero o conxunto lucense selou unha vitoria xusta nun partido de 40 minutos disputadísimos.
Clave do partido: Mellorar o aspecto goleador respecto á semana pasada.
Frase de Luna: “Partido moi completo e actitude inmellorable de dous equipos que están traballando moi ben a base femenina”
Próximo enfrontamento: Haberá un parón de 20 días antes de visitar a pista do Parrulo no último partido do ano, un choque esixente no que o equipo buscará manter as boas sensacións e seguir escalando na clasificación.