Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira FS comeza a Preferente infantil feminina cunha goleada convincente na Coruña

As de Luna impuxéronse con claridade ante o CD Seguridade Galega 5 Coruña, mostrando unha gran intensidade dende o inicio.

CD Seguridade Galega 5 Coruña – Ribeira FS
Infantil Preferente Feminino grupo A1

Resultado ao descanso: 0-4
Resultado final: 0-6

Aliñación: Cira Porto, Laura Álvarez, Shaila Barreiro, Helena Castro, Carmen Bouso

Banquiño: Alba Varela, Tania López, Sara Díaz, Aurora García, Aldara López, Carla López, Irene de la Santísima Trinidad

Goleadoras: Helena, Irene, Shaila (2), Tania, Sara

Resumo primeira parte
Na primeira parte, o Ribeira comezou moi ben, dominando o balón e creando ocasións de gol dende o primeiro minuto. Moi pronto conseguiu abrir o marcador. O 5 Coruña tentou frear o ataque do Ribeira, pero custoulle atopar o seu ritmo. Aínda así, tivo algunha ocasión illada para achegarse no marcador, pero o partido rompeuse moi rápido e o resultado acabou sendo claramente favorable ao conxunto visitante.

Resumo segunda parte
O Ribeira continuou dominando a posesión do balón. Porén, custoulle máis xerar xogo, xa que apareceron dúbidas no ataque e o equipo baixou o ritmo. Isto permitiu ao 5 Coruña dispoñer dalgunha ocasión clara, pero Cira estivo moi segura baixo paus. En dúas boas transicións, o Ribeira ampliou a vantaxe ata o 0-6 final, reflectindo a súa superioridade e efectividade.

Xogadoras destacadas Shaila, Aldara, Helena

Clave do partido

Resolver moi cedo o encontro sen especular.

Frase de Luna;

“Estou moi orgullosa das rapazas, porque máis alá do resultado, demostraron compromiso e gañas de seguir mellorando. Para a semana temos unha nova oportunidade de ser mellor equipo.”

O próximo enfrontamento, e contra Fisober Dumbría, en Lugo.

Advertisement