A pesar de un bo inicio e momentos de dominio, a falta de acerto e varios erros custaron a derrota.
Xuvenil División de Honra
Ribeira FS Sibuscascoche – CD San Cristobal
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 1-6
Alineación: Hugo Sánchez, Álvaro, Dani, Mateo, Iago
Banquiño: Pablo Dorado, Saúl, David, Hadrian, Tubio, Miguel, Héctor, Iker, Marco Dorado
Gol: Saúl
Resumo do partido:
A primeira parte comezou con bo pé para o Ribeira FS, que dominaba e xeraba as primeiras ocasións claras. O equipo estaba cómodo defensivamente e tivo control nos primeiros dez minutos. Sen embargo, o CD San Cristobal empezou a entrar no partido e, tras unha boa xogada colectiva, logrou poñerse por diante 0-1. A primeira parte rematou cunha gran igualdade no xogo, pero sen que o Ribeira puidese materializar as súas ocasións.
Na segunda parte, os lucenses saíron con boa disposición, pero non lograban acadar o gol que lles podía dar esperanzas. Aínda que continuaron xerando ocasións, o rival comezou a facerse co control do xogo, pero a oito minutos do final, Saúl logrou empatar, mantendo as opcións de puntuar. Pero, con dous goles case seguidos dos segovianos, un de falta e outro ao contragolpe, deixaron sen resposta ao Ribeira. O equipo local arriscou co porteiro xogador, pero os visitantes aproveitaron para anotar máis goles, pechando o marcador co derradeiro 1-6 final.
Clave do partido:
A falta de acerto na área rival, que non permitiu ao Ribeira aproveitar as súas ocasións.
Frase de Pablo Díaz:
«O resultado é demasiado abultado para o que se viu sobre a pista, fixemos un partido moi serio defensivamente e non logramos materializar moitas das ocasións que tivemos.»
Próximo enfrentamento:
O equipo de Pablo Díaz desprazarase a vindeira semana ata Valladolid para enfrontarse ao Tierno Galván.