Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira fixa no próximo derbi as súas opcións de permanencia na División de Honra

O Ribeira F.S. Sibuscascoche caeu esta fin de semana en Ferrol ante un potente O Parrulo F.S., nun partido no que o marcador final (5-1) non reflexa a igualdade e esforzo vistos durante moitos tramos do encontro.

Alineación do Ribeira F.S. Sibuscascoche: 1. Cristian (P) – 2. Jorge – 3. Saúl – 4. Xabi – 5. Adrián 

Banquiño:6. Mateo, 7. Álvaro, 8. Danilo, 9. Mounir, 10. Miguel 

O inicio foi de moita intensidade por parte dos locais, cun  Parrulo que saíu á pista con ritmo alto e xerando ocasións que obrigaron a Cristian a intervir con acerto en dúas ocasións claras. A resposta do Ribeira non se fixo agardar, nunha contra milimétrica, Miguel apareceu no segundo pau para empurrar á rede o 0-1 e poñer por diante aos visitantes.

Ese tanto deu ás ao equipo dirixido por César, que incluso gozou dunha oportunidade clarísima para facer o segundo, pero o balón non quixo entrar. A desgraza chegou de seguido, nun saque de esquina perfectamente executado polos ferrolás, chegou o empate a 1-1. O Ribeira mantívose firme en defensa, pechado e con orde, ata que a 27 segundos para o descanso, un mal despexe rematou no 2-1, un golpe psicolóxico duro antes de pasar polo vestiario.

Na segunda metade, o Ribeira volveu amosar boa cara, xerando un par de ocasións moi claras á contra, pero sen atopar o camiño do gol. O alto ritmo dos locais e a falta de fondo físico dos visitantes fixeron mella nos minutos finais. O Parrulo aproveitou o desgaste e foi ampliando a vantaxe ata o 5-1 definitivo.

Goleador do Ribeira F.S.: 

Miguel

Os mellores do encontro no Ribeira F.S.: 

3 puntos: Adrián 

2 puntos: Saúl 

1 punto: Miguel 

A clave do partido: 

As ocasións claras erradas polos ribeirenses nos momentos determinantes do encontro. Non converter esas oportunidades impediu manterse vivos no partido e penalizou gravemente no tramo final.

Declaración do adestrador César:

«Hai que seguir loitando que temos a salvación a un puntiño»

Próxima parada: DERBI LUCENSE pola permanencia 

Na próxima xornada, o Ribeira F.S. afronta un vibrante derbi como local ante o Lugo Sala Acasti Reformas, clave na loita pola salvación. Os lucenses, que se atopan a só un punto do Vigo 2015 ,equipo que marca o límite da permanencia, confían nun calendario lixeiramente máis favorable e nun average xeral superior, -60 fronte a -70, para manter a categoría nas catro xornadas que restan.

Catro últimas xornadas;

Derbi contra Lugo Sala

CD Sán Cristobal cuarto clasificado

Carballiño F.S en Lugo, 11º na taboa , sin ningún obxéctivo na clasificación.

E na derradeira xornada, Stellae Leis Pontevedra, 9º e sin nada en xogo.

Patrocinio