Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira exerceu a súa condición de líder no derbi alevín masculino ante Lugo Sala

Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo – Nun ambiente de cordial rivalidade e con dous dos mellores conxuntos galegos da categoría Alevín Preferente Masculina, Ribeira F.S. Manto Maquinaria e Lugo Sala Acasti Reformas cruzaron forzas nun dos grandes derbis da cidade de Lugo, nun encontro correspondente á penúltima xornada de Liga para os locais e derradeira para os visitantes.

Resultado ao descanso; 5-0

Resultado final ; 5-1

A cita, aínda que sen apenas presión clasificatoria, non defraudou, e ofreceu un espectáculo intenso, técnico e deportivo, cun Ribeira xa proclamado campión de liga, e cun Lugo Sala buscando escalar algunha posición na táboa.

Alineacións iniciais

Ribeira F.S. Manto Maquinaria:

Bruno – Hugo Álvarez – Alex Muñoz – Adriano – Santi 

Banquiño:

Iker, Pablo Rodríguez, Bruno Trashorras, Leo Doval

Lugo Sala Acasti Reformas:

Gael – Quiroga – Rafa – Pedro – Nuno 

Banquiño:

Nico, Oli, Iago, Mateo, Miguel, Dani

Goleadores;

Ribeira F.S.:

Santi (2), Adriano, Alex Muñoz, Hugo Álvarez 

Lugo Sala:

Rafa

Primeira parte de dominio total do Ribeira

O equipo dirixido por César saíu enchufado desde o asubío inicial, imprimindo unha presión alta e asfixiante que deu froitos moi cedo. Aos dous minutos, Hugo Álvarez empalou de volea unha gran xogada colectiva para abrir o marcador. O Ribeira, sen levantar o pé do acelerador, estivo a piques de ampliar vantaxe con varios lanzamentos ao pau, antes de que Adriano, Santi en duas ocasión, e Alex Muñoz puxesen terra de por medio cun contundente 5-0 ao descanso. Mentres, os rapaces de Álvaro en Lugo Sala sufrían para manter o ritmo, recoñecendo que o rival foi moi superior na primeira metade, sen opcións reais de conter a avalancha local.

Segunda metade máis igualada e digna resposta visitante

Tralo paso polos vestiarios, o Ribeira mantivo o control do xogo pero sen a mesma intensidade ofensiva. Aínda que tiveron varias ocasións para ampliar o marcador, non lograron superar de novo ao gardameta rival. O Lugo Sala, pola súa banda, mellorou as súas prestacións, mostrando o equipo competitivo e valente que os caracterizou durante o curso. Rafa anotou o gol da honra para os visitantes desde o punto de dobre penalti, establecendo o definitivo 5-1.

Mellores xogadores do encontro

Ribeira F.S.: 

3 puntos: Adriano 

2 puntos: Hugo Álvarez 

1 punto: Alex Muñoz 

Lugo Sala: 

3 puntos: Nico 

2 puntos: Pedro 

1 punto: Rafa

As claves do partido

Segundo César, adestrador do Ribeira: 

 “Marcar moi cedo deunos moita tranquilidade e confianza para facer o noso xogo.”

Para Álvaro, técnico do Lugo Sala: 

“A superioridade técnica e física do Ribeira foi determinante.”

As frases dos adestradores

César (Ribeira F.S.): “Bo partido para recuperar boas sensacións que perderamos a semana pasada no encontro aprazado contra San Amaro.”

Álvaro (Lugo Sala): “Final dunha boa tempada, para o ano seguir disfrutando da viaxe.”

Peche de tempada e próximos compromisos

Co triunfo, o Ribeira F.S. reforza a súa condición de campión e xogará a derradeira xornada ante O Parrulo en Ferrol. Pola súa parte, o Lugo Sala pecha a tempada cunha meritoria sexta posición. A pesar dun inicio complicado con só un punto nas cinco primeiras xornadas, o equipo soubo reaccionar e remata como un dos conxuntos máis en forma da categoría.

Patrocinio