
No Pabellón de O Palomar en Lugo, o RIBEIRA F.S. EN BOAS MÁNS logrou unha vitoria rotunda por 7-1 fronte ao Composala, nun partido da liga Infantil Preferente Masculina. O conxunto adestrado por César mostrouse sólido e eficaz durante a maior parte do encontro, cun inicio fulgurante que marcou as pautas do partido.
Aínda que o Composala chegaba como farolillo rojo e só sumaba un punto en toda a competición, o RIBEIRA F.S. viña dunha serie de resultados pouco favorables ao rematar o 2024, logo de perder os últimos catro partidos. Non entanto, co arranque de 2025 o equipo mostrou unha mellora notable, levando dous partidos xogados e dous gañados, cun balance de 14 goles a favor e tan só 3 en contra.
A primeira metade do encontro comezou cun RIBEIRA F.S. decidido e con moita intensidade desde o pitido inicial. A súa presión sobre o balón e a súa eficacia na finalización permitironlle lograr tres goles en apenas 12 minutos. Dani Cabanas, un dos grandes protagonistas da xornada, foi o encargado de abrir a lata. Unai tamén contribuiu ao xogo colectivo, pero foi Cabanas quen, con gran acerto, logrou o terceiro tanto do seu equipo.A partir de aí, o Composala conseguiu atopar o seu espazo no partido, logrando dominar parte do tempo. A pesar de que o RIBEIRA tiña o control, o equipo visitante recurtou distancias co 3-1 antes do descanso, grazas a un xiro positivo no seu xogo
Ao regreso dos vestiarios, o RIBEIRA F.S. volveu saír ao campo con moita intensidade. Dani Cabanas, novamente, levou o peso da ofensiva e, en pouco tempo, conseguiu anotar dous goles máis que sentenciaron o encontro. A partir dese momento, o equipo de César non afrouxou e mantivo a súa presión constante, o que lles permitiu pechar a vitoria con outros goles de Ángel, Hugo Jartín e un tanto en propia porta do Composala.
Ao final, o RIBEIRA F.S. EN BOAS MÁNS acadaba a vitoria por 7-1, cun resultado que reflicte a superioridade do conxunto local, sobre todo en termos de intensidade e efectividade de cara a portería.
Alineación do RIBEIRA F.S. EN BOAS MÁNS:1. Dani Prieto (porteiro) 2. Martín 3. Dani Cabanas 4. Ángel 5. Unai
Banquiño: 6. Hugo Jartín 7. Hugo Álvarez 8. Aleix 9. Alberto 10. Matías (porteiro) 11. Rodrigo
Goles: Dani Cabanas (3), Ángel (2), Hugo Jartín , gol en propia porta
Os tres mellores xogadores do partido:
– 3 puntos: Dani Cabanas
– 2 puntos: Martín
– 1 punto: Alberto
Clave do partido:
O éxito do RIBEIRA F.S. neste encontro estivo nos inicios intensos de cada metade, o que lles permitiu dominar desde o principio e xogar con máis tranquilidade cando conseguían ampliar a vantaxe.
Frase de César, adestrador do RIBEIRA F.S. EN BOAS MÁNS:
“Partido moi serio no inicio, e cos goles, permitiunos xogar máis tranquilos e ter controlado o partido.”
Con esta victoria, o RIBEIRA F.S. EN BOAS MÁNS segue mirando ao futuro con confianza, mellorando a súa posición na clasificación e achegándose a os seus seus próximos retos, que comezán a seguinte xornada, na Coruña contra o Club San Amaro, que marca o descenso con 10 puntos.

