
Cuartos de final da Copa Cadete Masculina – Ribeira F.S. Autocares Álvarez vs Galicia Gaiteira
Resultado ao descanso: Ribeira F.S. 0-1 Galicia Gaiteira – Resultado final: Ribeira F.S. 3-1 Galicia Gaiteira
Alineación titular: Erik – Álvaro – Héctor – Iker – Miguel
Banquiño: Hugo – Brais – Iván – Iago – Mario – Mateo
Goleadores: Álvaro, Iago, Mario
A primeira metade estivo marcada por un Ribeira F.S. descoñecido. O equipo dirixido por Pablo Díaz comezou serio en defensa, pero moi espeso con balón, sen capacidade para xerar perigo sobre a portería rival. Galicia Gaiteira foi gañando terreo co paso dos minutos e, grazas ao seu xogo directo buscando constantemente ao seu pivot, atopou o premio do gol. Os últimos minutos, os do Barbanza, seguiron co seu xogo sobre o pivot, e os lucenses non lograban facer dano nin superar liñas, chegando ao descanso por debaixo no marcador.
Tralo paso polos vestiarios, o Ribeira F.S. saíu cun cambio radical de actitude e ideas máis claras. Mellor posicionados, lograron neutralizar o xogo directo do rival e comezaron a atopar espazos en ataque. En apenas 8 minutos déronlle a volta ao marcador, Álvaro puxo o empate, Iago culminou una boa xogada para facer o 2-1 e Mario, cun tanto de oportunismo, selou o definitivo 3-1. O equipo soubo sufrir nos últimos minutos e pechou o partido con intelixencia e firmeza.
Os desctacados do Ribeira F.S:
1. Álvaro
2. Iago
3. Erik
Clave do partido:
A capacidade do equipo para axustar a defensa na segunda metade e sobrepoñerse ao mal inicio foi determinante para darlle a volta ao encontro.
Declaracións do adestrador, Pablo Díaz:
«Orgulloso dos rapaces e como lograron sobrepoñerse a unha mala primeira parte, ese esforzo danos a recompensa de loitar por un billete na final de copa.»
Próximo partido:
Semifinais da Copa Cadete
Ribeira F.S. Autocares Álvarez vs ED Vigo 2015
Os de Pablo Díaz xogaran como locais ante un rival que vén de proclamarse campión de liga hai apenas dúas semanas. A eliminatoria promete emoción e un ambiente de gala co apoio da afección do Ribeira nas gradas. A ilusión está intacta.

