Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira Carpintería JDR cadete asina táboas na gran festa do gol

Os lucenses levantan un partido tolo cun gol a falta de tres segundos

Cadete Preferente Masculina
Ribeira FS Carpintería JDR vs. Galicia Gaiteira

Resultado ao descanso: 5-2
Resultado final: 8-8

Alineación: Juan, Samuel, Mario, Josito, Pablo.
Banquillo: Bruno, Erik, Dani, Iago V, Iago F, Pablo, Nacho.
Goleadores: Bruno (3), Samuel (2), Iago F (1), Pablo (2).

Destacados da xornada:
Gran esforzo de todo o equipo, destacando o hat-trick de Bruno.

Resumo do partido:
O encontro comezou cun Ribeira FS Carpintería JDR moi intenso e dominador, que no minuto 9 xa mandaba no marcador cun claro 3-0. O tempo morto solicitado polo Galicia Gaiteira serviu aos visitantes para axustar detalles e, en apenas catro minutos, lograron recortar diferenzas ata situar o 3-2. Tras encaixar, Iago pediu tempo morto e os lucenses volveron ordenar o seu xogo, recuperando o control e ampliando de novo a vantaxe antes do descanso ata o 5-2.

Na segunda metade, o Galicia Gaiteira asumiu o mando do partido ante uns lucenses algo incómodos, aínda que os de Iago volveron golpear primeiro para poñer o 6-2. A partir de aí, o conxunto coruñés mantivo a iniciativa e foi recortando diferenzas ata chegar ao 6-5. O Ribeira respondeu cun novo tanto (7-5), pero sen lograr recuperar o dominio da primeira parte. Os visitantes seguiron apertando e conseguiron remontar ata o 7-8. Lonxe de renderse, os lucenses subiron liñas no tramo final, erraron un penalti no último minuto pero non baixaron os brazos e, tirando de orgullo e fe, lograron un empate heroico a falta de só tres segundos para o final. Un gol que resume á perfección o espírito competitivo do equipo durante todo o encontro.

Clave do partido:
A pegada rival e os erros defensivos dos lucenses na segunda metade provocaron un empate dun Ribeira que nunca deixou de crer ata o pitido final.

Lesión:
Erik

Frase de Iago;
«Plenamente orgulloso do traballo dos rapaces pese a sumar un punto que sabe a pouco pero que nos serve para mellorar, imos no camiño correcto»

Próximo enfrentamento:
O Ribeira FS Carpintería JDR visitará ao Pontedeume na seguinte xornada, un encontro no que buscará dar continuidade ás boas sensacións amosadas pese ao empate.

Advertisement