Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira Carpintería J.D.R. empata 8-8 cun épico desenlace ante Pontedeume na Preferente cadete

A pesar de poñerse por diante no último minuto, un gol de Pontedeume a falta de 20 segundos propiciuo o empate final

Ribeira Carpintería J.D.R. – Pontedeume FS

Resultado ao descanso: 4-3
Resultado final: 8-8

Aliñación : Juan, Samu, Mario, Josito, Bruno
Banquiño : Nacho, Álvarez, Aaron, Erik, Iago, Arrojo, Iago F
Goleadores: Piñeiro 5, Samuel 1, Josito 1

Resumo 1ª parte:
Un inicio fulgurante do Ribeira, que conseguiu poñer o marcador 2-0 nos primeiros minutos, marcou o comezo do partido. Sen embargo, Pontedeume soubo reaccionar e, tras dúas transicións rápidas e un saque de banda, deu a volta ao partido poñendo o 2-3. O Ribeira non se deu por vencido, empatou o encontro a 3-3 e, a falta de 1 minuto para o descanso, logrou recuperar a vantaxe ao poñer o 4-3 no marcador.

Resumo 2ª parte:
O Ribeira comezou ben o segundo tempo e conseguiu ampliar a vantaxe a 5-3, pero, como na primeira parte, Pontedeume volveu remontar e se puxo 5-6. O partido volveu á igualdade cando o Ribeira fixo o 6-6, pero novamente Pontedeume se adianta, poñendo o 6-7. O Ribeira, confiado polo apoio local e coa entrada do porteiro xogador, deu a volta ao partido poñendo o 8-7. A falta de 20 segundos, unha rápida transición de Pontedeume fixo o 8-8 definitivo cando quedaban 18 segundos no reloxo. A expulsión de Erik no minuto 48 deixou ao Ribeira con un xogador menos, pero Piñeiro tivo a oportunidade de marcar a vitoria cun golpeo que estrelou na madeira a tan só 3 segundos do final. O partido rematou en empate, 8-8, cun final épico e unha gran deportividade por parte de ambos os equipos.

Destacados da xornada: Piñeiro, Samuel e Josito

Clave do partido: Os pequenos detalles nas accións defensivas e nas transicións foron os que determinaron o resultado final do encontro.

Expulsión: Erik no minuto 48

Frase do adestrador:
«Orgulloso por como competiu o equipo de comezo a fin pero coa sensación de que se nos escapan dous puntos importantes no día de hoxe.»

Próximo rival:
Noia Portus Apostoli

Advertisement