O Casás loita, pero o dominio do Ribeira FS B e a súa efectividade marcan a diferenza
Infantil Preferente Femenina
Ribeira FS B 11Teamsports vs Casás
Resultado ao descanso: 3–0
Resultado final: 7–0
Aliñación (Ribeira FS B): Noa López, Carla, Daniela, Cintia, Ximena
Banquiño (Ribeira FS B): Ildara, Sarai, Nerea, Noa Castro
Aliñación (Casás): Noa López, Carla, Daniela, Cintia, Ximena
Banquiño (Casás): Ildara, Sarai, Nerea, Noa Castro
Goleadoras:
Gol en propia porta, Nerea (2), Antia, Andrea, Cira, Elena
Destacadas da xornada: Cira Porto, Andrea e Alba como puntais do Ribeira, que fixo un gran partido como conxunto, e mención para todas as xogadoras do Casás
Resumo do partido:
O encontro comezou cun Casás que o intentou, pero o Ribeira FS B, pouco a pouco foise facendo co partido, en todo momento controlou a posesión do balón e xerou ocasións, chegando ao descanso cun resultado cómodo de 3–0. O Casás, a pesar de saír ben ao partido, viu como os minutos de desconexión as penalizaban, sen conseguir aproveitar as poucas ocasións que tiveron. A falta de concentración e puntería fixo que o Ribeira FS B aproveitase cada oportunidade para ampliar a vantaxe. No segundo tempo, o Casás intentou recuperar as boas sensacións do inicio, pero o Ribeira FS B estivo sólido en defensa e moi efectivo no ataque, rematando o encontro cun 7–0 que reflicte a súa superioridade no xogo.
Clave do partido:
Os minutos de desconexión do Casás que permitiron ao Ribeira FS B distanciarse no marcador.
Frase de César (Ribeira FS B):
«Costounos entrar no partido pero ao final sacámolo moi ben adiante. Este grupo é unha pasada, son unha piña e compiten sempre xenial. Vou resaltar o partido de Vega Zapata nesta categoría (é benxamín), que competiu xenial con nenas moito máis grandes.»
Frase de Juan Carlos (Casás):
«Se ven muchísimas cosas que se entrenan durante la semana, tenemos que ser más proactivas. Contento de cómo va el trabajo y llegará el resultado.»
Próximo enfrontamento (Ribeira FS B):
O Ribeira FS B comeza a Copa e quedou encadrado no Grupo Norte 2, con Lago Sport e 5Coruña FS.
Próximo enfrontamento (Casás):
Casás xogará contra O Parrulo na próxima xornada, partido que dá saída á Copa, no que as lucenses xogarán conrta o propio O Parrulo e o Narón o Freixo, no Grupo Norte 4.