Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira avanza con paso firme na Copa Alevín masculina

Alevín Masculino – Oitavos de Final da Copa

Ribeira F.S. Manto Maquinaria vs Composala Milongas

Resultado ao descanso: 6-0

Resultado final: 9-2

Aliñación titular: Bruno – Nacho – Santi – Hugo Álvarez – Adriano

Banquiño: Pablo Álvarez – Iker Giraldo – Iker Cobas – Bruno Trashorras – Leo Doval – Alex Muñoz

O Ribeira F.S. Manto Maquinaria asinou unha primeira metade case perfecta no Pavillón do Palomar de Lugo. Dende o asubío inicial, os rapaces adestrados por Cabanas impuxeron un ritmo vertixinoso, con presión alta e circulación rápida que deixou sen resposta ao Composala. A intensidade defensiva foi clave para non conceder ocasións, mentres que en ataque amosaron unha gran variedade de recursos para rematar xogadas. O marcador de 6-0 ao descanso foi reflexo do seu dominio absoluto

Na reanudación, o Ribeira baixou algo o ritmo, posiblemente influenciado pola ampla vantaxe acadada. Aínda así, seguiron controlando o partido e sumaron tres goles máis ao seu marcador. O Composala tivo algo máis de presenza ofensiva, pero as súas chegadas foron ben neutralizadas pola defensa e portería do conxunto lucense. A relaxación foi natural, pero non comprometeu o control nin o resultado final dun equipo que continúa amosando madurez competitiva.

Os 3 mellores do Ribeira F.S. segundo o adestrador Cabanas:

3 puntos: Nacho

2 puntos: Hugo

1 punto: Santi

Clave do partido:

«A forma de entrar ao partido, dando o 100 %», segundo destaca o corpo técnico, foi decisiva para marcar diferenzas dende o primeiro minuto.

Próxima xornada:

O Ribeira F.S. Manto Maquinaria afrontará os cuartos de final da Copa o vindeiro fin de semana contra o potente 5 Coruña F.S., un vello coñecido que xa puxo en apretos aos lucenses na liga. Será un duelo de altos voos entre dous dos mellores conxuntos da categoría.

Patrocinio