Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira alevín reina na tolémia final ante a Piringalla

A tensión marcou un duelo cheo de emoción no que o Ribeira acabou levando os puntos nun final cheo de nervos

Alevín masculina
Ribeira Autocares Álvarez – A Piringalla Huno Peluqueros
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 2-1

Aliñación Ribeira: Thiago , Luca Bande, Manu, Martín Fernández, Pablo Rodríguez
Banquiño Ribeira: Luka Revalderia, Mauro Bande, Eric, Fabio Álvarez, Arthur, Aaron, Iker

Aliñación A Piringalla: Samuel , Martiño, Mateo, Izan, Pelayo
Banquiño A Piringalla: Lucas, Thiago , Sergio, Nico Ferreiro, Lozano, Nico Meilán

Goleadores:
A Piringalla: Martiño
Ribeira: Manu, Manu

Destacados da xornada:
Ribeira: Pablo Rodríguez, Manu Murado, Luca Bande
A Piringalla: Pelayo, Martiño, Mateo

Resumo do partido:
O derbi arrancou con moitos nervios por parte de ambos conxuntos, conscientes do que había en xogo, cunha primeira metade marcada polo respecto mutuo e as defensas firmes. O Ribeira agardaba en media pista mentres A Piringalla levou algo máis a iniciativa, aínda que sen grandes ocasións claras nos primeiros minutos. Co paso do tempo, o encontro foise equilibrando ata que, rematando a primeira parte, A Piringalla conseguiu adiantarse nunha boa acción ofensiva na que Pelayo asistiu atrás para que Martiño marcase a pracer o 0-1. O gol fixo dano, pero non houbo tempo para moito máis antes do descanso.

Trala pausa, os de César deron un paso adiante e saíron cunha presión máis alta, logrando axiña o empate nunha contra ben conducida por Luca Bande que Manu finalizou con contundencia para o 1-1. O partido entrou entón nun tramo moi aberto, con ocasións para ambos lados. A Piringalla apostou por Pelayo como pivote, xerando perigo constante, mentres que o Ribeira gañaba presenza ofensiva sen perder solidez atrás. O encontro converteuse nun ida e volta nos minutos finais, con boas intervencións do porteiro local e moita tensión na pista. Xa nos últimos segundos, e nun contexto de nerviosismo tras un problema co marcador electrónico, o Ribeira atopou o gol definitivo do 2-1, que decidiu un derbi moi disputado ata o final.

Clave do partido, César:
O traballo defensivo, a intensidade nos momentos decisivos e non baixar os brazos ata o último segundo.

Clave do partido, Juan:

O traballo colectivo e o esforzó foron o mellor do partido, as decisión alleas a nos, decodiron o partido.

Frase de César: Outro partidazo dos peques que esta vez si que tivo a recompensa da victoria. Esta é a liña a seguir.

Frase de Juan:
“Muy contento con el esfuerzo del equipo, una pena que el partido se decidiera por actuaciones ajenas a nosotros.”

Próximo enfrontamento:
O Ribeira visitará Santiago para medirse ao Alto do Vento, mentres que A Piringalla buscará recuperarse na próxima xornada nun novo compromiso clave da competición contra Narón o Freixo.

Advertisement