Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira alevín quedou ás portas dos puntos en Narón

A pesar dunha boa actuación defensiva e de dominio en moitos momentos, o gol volveu ser unha lousa para o Ribeira FS.


Alevín Preferente Masculina
Narón Freixo – Ribeira FS Autocares Álvarez
Resultado ao descanso :2-0
Resultado final: 2-1
Aliñación: Thiago, Luka Revaldería, Fabio Álvarez, Martín Fernández, Pablo Rodríguez
Banquiño: Luca Bande, Mauro Bande, Arthur, Aarón Peinado, Hugo Lanzos, Iker Giraldo, Manu Murado
Goleadores: Mauro Bande
Destacados da xornada:

  1. Martín Fernández, 2. Pablo Rodríguez, 3. Luka Revaldería

Resumo do partido:
O Ribeira FS Autocares Álvarez comezou o partido cunha gran disposición defensiva, ben plantado en media pista e con moitas axudas nas tarefas defensivas. O equipo xerou 3 ou 4 ocasións claras a balón parado e ao contragolpe, pero, como é habitual, o gol seguía sendo esquivo. No primeiro tiro a porta do rival, Narón Freixo adiantouse cun 1-0. Pouco despois, un erro defensivo permitiu ao rival gañar a espalda da defensa cun balón longo e facer o 2-0. Os de César non baixoaron os brazos e seguiron xerando contras, pero o gol seguía resistíndose.

Na segunda metade, o equipo seguiu moi ben asentado, sen deixar que os locais crearan perigo e xerando ocasións a través de roubos de balón. Tras un deses roubos, os lucenses conseguiron recurtar distancias co 2-1 grazas a unha perfecta contra que finalizou Mauro Bande. Co marcador aberto, o Ribeira arriscou un pouco máis, xerando máis ocasións de gol, pero na última xogada do partido, o porteiro local evitou o empate, sacando o balón na mesma liña de gol.

Clave do partido:
A falta de acerto cara ao gol sigue sendo unha constante para o Ribeira FS

Frase de César:
«Da gusto ver como xogan estes pequenos, que seguen sen renderse e melloran cada partido, pero ao final faltanos o gol que é o que dá os puntos.»

Próximo enfrentamento:
Derbi capitalino entre Casás e Ribeira, cos dous equipos buscando achegarse aos postos de salvación.

Advertisement