Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira alevín masculino xa agarda rival na gran final polo título galego

O Ribeira F.S. Manto Maquinaria asinou un encontro serio, intenso e eficaz para superar por 3-1 ao Carballiño F.S. nas semifinais polo titúlo, celebradas este sábado no polideportivo Somos Fútbol. Co triunfo, os de Cabanas colocáronse na gran final, á espera de rival tras a suspensión do outro dos encontros da xornada.

Alineación inicial: Bruno, Nacho, Hugo Álvarez, Santi, Adriano 

Banquiño: Pablo Álvarez, Cobas, Leo Doval, Bruno Trasorras, Iker Giraldo, Álex Muñoz, Roi Cancela

Dende o asubío inicial, o encontro amosouse moi igualado, cun ritmo alto e moita intensidade por parte de ambos os conxuntos. O Ribeira F.S., fiel ao seu estilo, asumiu o control das ocasións máis claras, pero a falta de acerto fixo que o marcador permanecese inamovible ata o minuto 14, cando os lucenses atoparon portería para establecer o 1-0 antes do descanso.

Na segunda metade, o guión mantívose, pero a eficacia apareceu do lado local. Aos dous minutos da reanudación, ampliaron a vantaxe cun gol que deu certa tranquilidade. O equipo seguiu empuxando e, no 31, fixeron o 3-0 que semellaba pechar o partido. Con todo, o Carballiño F.S. non se deu por vencido e apostou polo porteiro-xogador nos minutos finais, logrando recortar distanzas no 38 cun gol que puxo o 3-1 definitivo. O Ribeira soubo resistir con orde e carácter, blindando o resultado ata o asubío final.

Os tres mellores do partido :

– 3 puntos: Nacho

– 2 puntos: Hugo Álvarez

– 1 punto: Bruno Trasorras

Clave do partido:

A intensidade co que o Ribeira afrontou cada duelo individual e cada transición, sen baixar os brazos en ningún momento.

Cabanas;  «O equipo demostrou madurez e compromiso. Sabemos sufrir cando toca e iso é de equipo grande.»

Agora, o Ribeira F.S. espera rival para a gran final. O Index-Integra e o Esteo F.S., que xogaban no Municipal de Chapela, en Redondela, vían como o seu partido era suspendido cando os locais vencían por 4-3. A data da reanudación aínda está por determinar.

Patrocinio