Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira acudirá ao Campionato de España coma CAMPIÓNS GALEGOS

Os pupilos de César e Cabanas puxeron o colofón a unha tempada memorable cunha sólida vitoria por 3-0 fronte ao Kompite Amor de Dios, coroándose como Campión Galego Alevín nunha final moi disputada celebrada en As Pontes.

RIBEIRA F.S MANTO MAQUINARIA 3 – 0 KOMPITE AMOR DE DIOS

Pavillón Municipal de As Pontes (campo neutral)

Alineación inicial: Iker , Hugo Álvarez, Nacho, Adriano, Santi

 Banquiño: Bruno:  Álex Muñoz, Pablo Rodríguez, Bruno Trashorras, Doval, Leo Yáñez, Roi Cancela

O encontro comezou con respecto mutuo entre os dous equipos, pero axiña o Ribeira fíxose co control do balón e do ritmo do xogo. A superioridade fixose visible a medida que avanzaban os minutos, e froito do bo xogo colectivo chegou o primeiro tanto, gran pase de Santi e definición cruzada de Adriano, que puxo o 1-0 no marcador antes do descanso.

Na segunda metade, o Kompite Amor de Dios tratou de reaccionar e gañou algo de presenza no partido, pero o Ribeira soubo conter ben as embestidas, sen conceder ocasións claras. Con todo, o gol da tranquilidade resistíase. Un lanzamento rival ao pau tras unha falta preto da área puxo en alerta aos de César, pero foi só un susto. Ese aviso despertou aínda máis a competitividade dos rapaces do Ribeira, e a falta de cinco minutos para o final, Santi ampliaba distancias cun disparo dende a esquina que significou o 2-0 e sentenciou emocionalmente o partido. Xa cos rivais volcados e desbordados, unha gran xogada colectiva culminou co 3-0 definitivo, de novo obra de Santi, que puxo o ramo a unha final exemplar.

Xogadores máis destacados :

3 puntos: Nacho

2 puntos: Hugo Álvarez

1 punto: Adriano

Clave do partido:

A tardanza en marcar o segundo gol fixo que se sufrira máis do necesario. O 2-0 de Santi deu tranquilidade e afundiu ao rival.

Declaración do adestrador, César:

“Temporadón deste magnífico equipo, que lle puxo o broche de ouro coa consecución do Campionato Galego. Agora, a desfrutar do Campionato de España.”

O que vén:

Antes de pensar no Nacional, o Ribeira F.S. afrontará os oitavos de final da Copa, cun emocionante duelo como locais fronte ao Composala.

Patrocinio