Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira A volveu á senda da vitoria cun póker de goles de Shaila na Preferente infantil feminina

As de Luna ofreceron un partido moi serio e completo, dominando de principio a fin e mostrando unha clara melloría colectiva.

Ribeira FS – Compañía de María: Infantil Preferente Feminino – grupo A1
Resultado ao descanso: 2-0
Resultado final: 4-2

Aliñación: Leire León, Laura Álvarez, Shaila Barreiro, Helena Castro, Alba Varela
Banquiño: Sara Díaz, Aurora García

Goleadora: Shaila

Cunha convocatoria moi xusta e conscientes da importancia de recuperar boas sensacións, o Ribeira saíu moi concentrado dende o inicio. As rapazas de Luna dominaron o encontro con intensidade e orde, traballando en equipo e mostrando seriedade táctica. Unha inmensa Shaila converteuse na gran protagonista, liderando en ataque e defensa. As pivots realizaron un esforzo enorme na presión e Leire, impecable na portaría, detivo todos os intentos do Compañía de María, que nunca se rendeu e mantivo o nivel competitivo.

Na reanudación, as lucenses continuaron controlando o balón, aínda que o primeiro gol visitante puxo algo de nervios no equipo. Co 2-1, as xogadoras do Ribeira reaccionaron cun gran xogo colectivo que permitiu ampliar distancias (3-1). Compañía de María volveu apretar e marcou o 3-2, pero as locais demostraron madurez e carácter para sentenciar cun cuarto gol e deixar os tres puntos na casa.

Xogadoras destacadas
Shaila, Leire, Aurora

Clave do partido
A seriedade e o saber estar do grupo durante os 50 minutos.

Frase de Luna;
“Aínda estamos ao 50% do que podemos chegar a ser; partidos como o de hoxe ensinan que o equipo, cando traballa e quere, ten potencial para o que se propoña.”

Próximo enfrontamento
Viaxes Amarelle FSF (A Coruña) — un dos rivais máis fortes do grupo, que obrigará ao Ribeira a manter o nivel competitivo para seguir escalando na clasificación.

Advertisement