As xogadoras de Luna mostran a súa forza nunha vitoria clara ante Meigallos de Sarria
Preferente Infantil Femenina
Ribeira FS contra Meigallos
Resultado ao descanso: 0-2
Resultado final: 0-4
Alineación: Leire León, Laura Álvarez, Shaila Barreiro, Alba Varela, Carla Lopez
Banquillo: Sara Díaz, Aurora García, Aldara López, Irene de La Santísima Trinidad, Carmen Bouso
Goleadoras: Aurora 0-1, Alba 0-2, Helena 0-3, Helena 0-4
Destacadas da xornada: 1-Aldara, 2-Laura, 3-Helena
Resumo do partido:
No derbi provincial, o Ribeira FS impúxose con autoridade ante o Meigallos cun claro 0-4 que reflicte o seu dominio no xogo. Desde o inicio, as xogadoras do Ribeira mostraron unha gran intensidade, controlando o balón e creando numerosas ocasión As sarrias fixeron un gran traballo defensivo, dificultando a tarefa de perforar a súa portaría, pero finalmente as capitalinas conseguiron poñer a vantaxe de 0-2 antes de finalizar a primeira parte. Na segunda metade, o equipo de Luna saíu a consolidar o seu xogo, con Leire proporcionando o pase para o terceiro gol e Helena pechando o marcador co cuarto tanto. Un partido limpo e no que predominaron o bo ambiente e o xogo desinteresado. O Ribeira A conclúe esta fase na primeira posición do grupo 1D, mentres que o Ribeira B finaliza segundo.
Clave do partido:
Mellorar o ritmo e toma de decisión
Frase de Luna:
«Pechamos esta fase cun mellor xogo e temos que traballar para facer un bo papel na copa.»
Próximo enfrentamento:
A Copa Galicia comeza para o Ribeira A 11Teamsports, que se enfrontará no Grupo Norte 1 a Fisober Dumbría e aos tamén lucenses, Castro FSF e Meigallos.