Os lucenses saben reaccionar tras o empate local e regresan a Lugo con dous puntos moi traballados.
O Infantil Masculino do Millavén CP Lucense regresou de Coruña cun triunfo de mérito tras impoñerse ao OAR Coruña nun encontro cheo de alternativas. Aos lucenses custoulles abrir fenda no marcador nos primeiros minutos, pero pouco a pouco foron collendo ritmo ata conseguir unha renda sólida antes do descanso.
Millavén logrou marchar aos vestiarios cunha vantaxe de catro goles (10-14), froito dunha maior continuidade no xogo ofensivo. Á saída do descanso, a diferenza chegou a ampliarse, aínda que un tramo de desconexión permitiu aos locais igualar de novo o marcador, devolvendo a máxima igualdade ao encontro.
Nos minutos finais, o equipo lucense soubo reaccionar. A arenga final permitiu ao Millavén recuperar a intensidade e o control do partido, resolvendo o choque nos instantes decisivos para pechalo no definitivo 25-27 e sumar dous puntos moi importantes.
No plano ofensivo destacou Breixo, máximo anotador do equipo con 6 goles, ben secundado por Óscar, Nuno, Aryan, Hugo L. e Ernesto, todos eles con 3 tantos, nun triunfo sustentado no traballo colectivo e na capacidade de resposta nos momentos clave.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Rayan; Óscar (3), Nuno (3), Leo, Andrés (2), Breixo (6), Víctor (2), Aryan (3), Dylan, David (1), Hugo F., Hugo L. (3), Ernesto (3) e Nicolás (1).
Árbitro: Pablo Torreiro.