
No pavillón de O Palomar, en Lugo, o C.P. Casás xogábase moito neste encontro. A permanencia na categoría infantil preferente dependía dun bo resultado ante o Club del Mar San Amaro. Coa victoria ou mesmo un empate, o equipo do Casás conseguía asegurar a súa continuidade na liga.
Resultado final: C.P. Casás 3-3 Club del Mar San Amaro
Resultado no descanso: 1-2
ALINEACIÓN DO C.P. CASÁS:
Martín González Gómez, Erik Piñeiro Gómez, Telmo Nieto González, Hugo Gayoso, Kike Desi.
BANQUIÑO: Adrián Ferreiro Vilar, Álvaro López Maside, Hernán Laurel Corbelle.
GOLES: Erik Piñeiro (3 goles).
O encontro comezou cunha gran carga emocional para os rapaces de Alberto Guizán. Nos primeiros minutos, os nervios pasaron factura e, aínda que se intentaba practicar un bo xogo, os locais non conseguían materializar as ocasións. O Club del Mar, en cambio, aproveitou un erro defensivo para poñerse por diante no marcador 0-1. A pesar de todo, os locais non se desfixeron. O equipo mantivo a calma e seguiu loitando en cada balón. Ao pouco, lograron reducir diferenzas cun gol de Erik Piñeiro, deixando o marcador 1-1, pero os coruñesesvolveron coller vantaxeco 1-2 co que se marcharon ao vestiario.
Na segunda parte, os axustes feitos por Guizán empezaron a dar os seus froitos. Casás saíu á cancha con moita máis determinación, tanto en defensa como en ataque. O equipo local mellorou a súa circulación de balón e, pouco a pouco, foise achegando ao empate. Unha gran xogada de equipo culminada por Erik Piñeiro, que anotou o seu segundo gol do partido, puxo a igualada no marcador. A falta de poucos minutos para o final, Erik de novo, co seu hat-trick, puxo por diante a os lucanses. Pero, como se se tratase dun guion escrito, os últimos minutos do partido traeron unha situación tensa. Un dobre penalti a favor do Club del Mar, logo dunha acción dudosa, deulles unha última oportunidade para empatar novamente. Por sorte o marcador non se volveu mover, e o partido acabou co 3-3 final.
OS TRES MELLORES DO C.P. CASÁS:
– 3 PUNTOS: Erik Piñeiro
– 2 PUNTOS: Martín González
– 1 PUNTO: Hernán Laurel
A clave do partido foi sen dúbida o triplete de Erik Piñeiro, que conxurou a salvación do Casás na Preferente de Fútbol Sala, garantindo a permanencia por outra tempada máis. A boa racha do equipo nas últimas tres xornadas, onde lograron 7 puntos dos últimos 9 en xogo, demostra o esforzo e a dedicación de todo o conxunto.
Ao final do encontro, o adestrador Alberto Guizán non puido máis que felicitar a todos os xogadores e os pais polo seu compromiso. «Hoxe máis que nunca, quero dar a noraboa a todos os rapaces e pais pola súa adicación, e grazas a iso conseguimos acadar o obxectivo marcado a principio de tempada», expresaba Guizán.
A próxima xornada, Casás descansará, pero con este punto aseguraron a súa permanencia na categoría a falta de dúas xornadas para finalizar a liga. Agora, o equipo poderá desfrutar dun merecido descanso, co obxectivo cumplido e a cabeza alta despois dunha tempada chea de esforzo.
PRÓXIMA XORNADA:
C.P. Casás descansa a falta de dous partidos.

