Connect with us

Fútbol Sala

Remontada e vitoria de Lugo Sala no derbi infantil Preferente ante Casás

No Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, as euforias e os nervios deron paso a un auténtico derbi de rivalidade na cidade entre o Casás e o Lugo Sala Acasti Reformas. O encontro, que prometía emoción dende antes do pitido inicial, non defraudou ás expectativas, cun marcador que acabou 3-6 a favor dos visitantes, pero que estivo cargado de momentos decisivos e de gran tensión.

Resultado oa descanso;

Casás 3-2 Lugo Sala Acasti Reformas

Resultado Final:

Casás 3 – 6 Lugo Sala Acasti Reformas

Alineación Casás:

Martín González Gómez, Erik Piñeiro Gómez, Telmo Nieto González, Hugo Gayoso, David López Pérez. 

BANQUIÑO: Adrián Ferreiro Vilar, Álvaro López Maside, Kike Desi.

Alineación Lugo Sala Acasti Reformas:

Asier Gil Cadavide, Lucas Nogueiras Pires, Xoel Peña Paderne, Enzo Villalta Ceide, Álex Freire Rey. 

BANQUIÑO: Pablo Arias López, Daniel Villamor Vázquez, Yeray Álvarez, Mateo Soto Veiga.

Goleadores:

1-0 Kike 

2-0 David 

2-1 Xoel 

2-2 Enzo 

3-2 Erik 

3-3 Xoel 

3-4 Mateo 

3-5 Asier (portero) 

3-6 Lucas

Primeira parte: Casás adiántase, pero Lugo Sala iguala

A primeira parte foi un desfile de ocasións para ambos os equipos, sen un dominador claro ao principio, pero cun Casás máis efectivo nas súas chegadas ao área rival. No minuto  1 , o equipo local, o Casás, colócase por diante cun gol de Kike (1-0) que calmou os ánimos na bancada local. Non pasaron moitos minutos cando David López, tras unha gran xogada colectiva, aumenta a vantaxe para o Casás, poñendo o 2-0 no marcador no minuto 7. O Lugo Sala non se deixou intimidar pola desventaxe e logrou reaccionar. Un gol de Xoel recurtaba diferenzas (2-1) e, a falta de ainda de 7 minutos para o descanso, Enzo, cun disparo imparable, igualaba o encontro (2-2). A alegría do Lugo Sala non durou moito, pois antes de marchar ao descanso, Erik Piñeiro, cun gol que chegou tras un saque de esquina, devolvía a vantaxe ao Casás (3-2).

Segunda parte: Remontada do Lugo Sala e sentenza final

A segunda parte comezou cun Lugo Sala máis entonado, coas forzas renovadas e a convicción de que podían dar a volta ao marcador. E así foi. No minuto 5, Xoel , de novo , marcou o terceiro gol do Lugo Sala, igualando a contenda (3-3). O equipo visitante, en crecemento, non se conformou co empate e dous minutos despois, Mateo, cun disparo potente, logrou o 3-4 que daba por primeira vez vantaxe ao Lugo Sala. O Casás, que se viu superado polo empuxe rival, comezou a notar o cansazo físico e a falta de efectivos, o que fixo que as súas opcións de resposta se reduciran. A falta tan só de 2 minutos, Asier Gil, porteiro do Lugo Sala, protagonizou un gol memorable dende a súa propia área, cando o Casás xogaba con porteiro xogador, aumentando a vantaxe a 3-5, un tanto que case sentenciaba o encontro. Finalmente, nunha xogada en solitario, Lucas pechaba o marcador cun gol dende o seu propio campo, deixando o 3-6 definitivo.

Valoración dos adestradores:

Para Jose, adestrador do Lugo Sala, a clave do partido foi a capacidade de reaccionar e remontar tras un comezo difícil. «Fixemos un gran esforzo colectivo e conseguimos dar a volta ao marcador. O equipo mantivo a calma e foi efectivo nas transicións, especialmente na segunda parte.»

Por outra banda, Alberto Guizán, adestrador do Casás, destacou as baixas que dificultaron o plan do seu equipo. «Xogamos un partido moi esixente con bastantes baixas, pero non queda máis que felicitar aos rapaces polo esforzo realizado. Aínda temos que seguir loitando pola permanencia e a próxima xornada será clave.»

Mellores xogadores do partido:

Pola súa parte, os mellores xogadores do Casás foron Erik, con 3 puntos, David, con 2 puntos, e Telmo, con 1 punto, que estiveron a un gran nivel ao longo do encontro, como todos os seus compañeiros. Mentres que no Lugo Sala, Xoel (3 puntos), Álex (2 puntos) e Mateo (1 punto) foron os máis destacados.

Próximos partidos:

A próxima xornada será crucial para o Casás, que xoga fóra contra o A.D. Codima, situado dous puntos por riba na clasificación. Pola súa parte, o Lugo Sala Acasti Reformas xogará na súa casa contra o Composala Milongas, o equipo que ocupa a última posición, con só 3 puntos.

Patrocinio