Connect with us

Fútbol Sala

Remontada de Casás para despedir a Liga a domicilio cunha vitoria

No pavillón Labañou, en A Coruña, o CP Casás conseguiu un importante triunfo ante o Galicia Gaiteira, nun partido que se desenvolveu de forma moi dinámica e con moita emoción. O equipo de Ángel tivo que sufrir para levarse os tres puntos, pero a súa gran capacidade de reacción e a súa solidez na segunda metade foron claves para acabar impoñendo a súa lei sobre o parquet coruñés.

Resultado ao descanso; 3-2

Resultado final:  4-7

Alineación do CP Casás:

Rodrigo, Bruno, Samuel, Israel, Ian. 

Banquiño:

Cereijo, Lois, Jacobo Fente, Álvaro, Paul.

Goles do CP Casás: 

– Paul (2)

– Bruno (2)

– Samuel (3)

Resumo da 1ª Parte: 

O encontro comezou cun Casás ben colocado e con moita intensidade. Nos primeiros minutos, o equipo lugués saíu coa lección ben aprendida e conseguiu poñerse por diante con dous goles de Paul (0-2). Con este marcador a favor, os de Ángel comenzaron a mostrarse algo relaxados e o Galicia Gaiteira soubo aproveitalo, aproveitando os espazos para remontar e pechar a primeira parte cun resultado favorable para eles de 3-2.

Resumo da 2ª Parte:

Tralo descanso, o CP Casás saíu coa clara intención de recuperar a iniciativa, os xogadores do Casás non se desanimaron e seguiron traballando de forma disciplinada, tanto en defensa como en ataque. Bruno conseguíu igualar o partido no minuto 8 (3-3) e,para pouco despois volver poñerse por diante os locais co 4-3 a partir de aí, o Casás tomou as rendas do encontro. Samu, con dous goles nun minuto, levou o electrónico ao 4-5, puxo ao equipo por diante, e a partir dese momento a vantaxe xa non se escapou. Bruno tamén quixo ser protagonista e marcou o 4-6, antes de que Samuel, cun novo tanto fixera o 4-7, e completase o seu triplete persoal e finiquitase a vitoria.

Os tres mellores xogadores: 

3 puntos: Todos os xogadores, debido ao gran traballo colectivo e ao esforzo para conseguir os tres puntos. O compromiso e a actitude demostrada na segunda metade foron exemplares.

Claves do partido 

A solidez defensiva na segunda metade, a capacidade de resposta tras a remontada do Galicia Gaiteira e a eficacia cara á portería rival. O orden táctico foi clave para que o CP Casás lograsese impoñer o seu xogo no segundo tempo.

A frase de Ángel:

“ Este carácter e ese xogo é o que caracteriza a estes grandes rapaces. Moito feliz por eles.”

O próximo partido será a última xornada da liga regular, e o Casás xogará en Lugo contra O Parrulo F.S., un encontro que promete ser unha gran proba para pechar a tempada.

Patrocinio