Os de Frei decidiron o partido nos últimos minutos tras un encontro cheo de altibaixos. Repóker de Ossian
Infantil Preferente Masculina
Troula Betanzos 5 – 7 Casás
Resultado ao descanso: 3 – 2
Resultado final: 5 – 7
Aliñación: Peska, Vilor, Ossian, Ángel, Gayoso
Banquiño: Telmo, Sebas, Juan Diéguez, Nico López
Goleadores: Ossian (5), Ángel (2)
Destacados da xornada: 1. Ossian 2. Ángel 3. Gayoso
Resumo do partido:
O Casás entrou moi ben no encontro, mostrando intensidade, boas combinacións e personalidade en pista, o que lle permitiu poñerse por diante no marcador e gozar dunha vantaxe inicial de dous goles. Co paso dos minutos, porén, os lucenses foron perdendo fluidez no xogo, cometendo erros non forzados e permitindo que o Troula Betanzos gañase confianza. A defensa deixou de estar tan axustada como nos primeiros compases e o rival foi medrando pouco a pouco. A falta de continuidade no xogo ofensivo e certas desconexións defensivas fixeron que a vantaxe se esfumase. Nos minutos finais da primeira metade, o conxunto local soubo aproveitar mellor as súas ocasións e deulle a volta ao marcador, chegando ao descanso cun 3-2 que penalizaba o bo inicio do Casás.
Na segunda parte, os de Frei tentaron corrixir os erros, pero custou atopar o ritmo e a identidade mostrada ao comezo do encontro. O partido mantívose aberto e igualado ata que, nos últimos cinco minutos, os lucenses deron un paso adiante definitivo. A presión, o traballo colectivo e a aparición do talento ofensivo permitiron remontar o encontro e asegurar unha vitoria de moito mérito nun tramo final sobresaliente.
Clave do partido:
O traballo e a determinación nos minutos finais
Frase de Frei:
«Somos un gran grupo, pero no siempre va salir cara lo de jugar los últimos 5 mininutos de partido.»
Próximo rival:
Para abrir o ano 2026, novo derbi local na parte alta da táboa fronte ao Lugo Sala, nun encontro que se presenta apaixonante.