Club do Mar San Amaro 1 – 10 Lugo Sala Acasti Reformas
O Lugo Sala Acasti Reformas visitaba o Pavillón Club do Mar de A Coruña coa intención de manter a súa boa racha de resultados, que os viña mantendo invictos durante os últimos seis encontros (catro vitorias e dous empates). O equipo de Álvaro afrontaba este partido co obxectivo claro de seguir sumando puntos e ampliar a súa distanza nas primeiras posicións da clasificación.
Alineación do Lugo Sala Acasti Reformas:
Nico, Rafa, Miguel, Pedro, Nuno.
Banquiño:
Nico, Eric, Anton Otero, Dani, Quiroga, Iker, Eric.
Goles:
– Miguel
– Nuno (2)
– Eric
– Iker
– Pedro
– Otero (2)
– Rafa (2)
O encontro comezou cunha primeira parte moi igualada, onde o Club do Mar San Amaro tentou manterse no partido con moita intensidade. A defensa do Lugo Sala estaba atenta, pero o ritmo do xogo era competitivo. Todo cambiaría , cando o porteiro rival foi expulsado tras unha falta clara . Esta expulsión marcaría un punto de inflexión no encontro, pois o equipo local non dispoñía de un porteiro suplente, obrigando a xogar cun xogador de porteiro. Unha situación que, sen dúbida, afectou a dinámica do partido.
O Lugo Sala soubo aproveitar esta vantaxe e, con calma e orde, foi ampliando a súa renda no marcador. A primeira parte finalizou cun 1-3 favorable aos de Lugo, cos goles de Miguel, Eric e Nuno. O Club do Mar San Amaro, pola súa parte, lograba o seu único gol grazas á persistencia no ataque, pero as baixas forzas e a expulsión do seu porteiro non permitiron que tiveran máis ocasións.
Xa na segunda parte, o equipo local intentou mudar a súa estratexia, apostando por un porteiro xogador, pero o Lugo Sala mantivo a súa intensidade defensiva. A presión e a circulación do balón foron claves para que os xogadores de Álvaro se levaran a vitoria con rotundidade. Iker, Pedro, Eric de novo, Otero e Rafa cada un en duas ocasions, ampliaron a súa vantaxe para firmar un resultado definitivo de 1-10.
Os tres mellores do Lugo Sala Acasti Reformas:
3 puntos: Pedro
2 puntos: Nuno
1 punto: Rafa
Claves do partido:
A expulsión do porteiro rival foi un punto de inflexión que condicionou todo o transcurso do encontro.
Frase do adestrador Álvaro:
«Partido para traballar distintas situacións de xogo, onde a nosa defensa estivo moi sólida e a calidade no ataque permitiunos pechar ben o encontro.»
Próximo partido:
A próxima xornada, o Lugo Sala Acasti Reformas recibe ao equipo coruñés do Pombo Hércules F.S. en Lugo, onde buscarán ampliar a súa racha sen coñecer a derrota.