O equipo luguiño rozou o empate nos minutos finais tras unha reacción a base de coraxe e intensidade ofensiva.
Preferente Masculino Cadete
Casás – 5 Coruña
Resultado ao descanso: 1-3
Resultado final: 4-6
Alineación
David – Isra – Erik – Kike – Raúl
Banquiño
Iker – Xoel – Lucas
Goleadores/as
Lucas, Kike, Erik, Isra
Destacados da xornada
Raúl, Isra, Erik
Resumo do partido
O encontro comezou cun ritmo moi alto por parte dos dous equipos, cunha primeira parte chea de idas e voltas. O Casás xerou chegadas con perigo pero non estivo fino na definición, mentres que os herculinos souberon aproveitar tres erros defensivos para marcharse ao descanso cun 1-3 no marcador. Na segunda metade, os lucenses encaixaron outro gol moi cedo tras un novo desaxuste atrás que complicou aínda máis o escenario. A partir de aí, o equipo de Ángel botouse ao ataque con máis corazón ca cabeza, asumindo riscos e imprimindo intensidade ofensiva. Froito dese arreón chegaron os goles que achegaron ao equipo a só un tanto da igualada, coincidindo coa expulsión dun xogador rival, pero o tanto do empate non chegou pese ao empuxe final. O Casás mereceu máis polo esforzo competitivo, pero os erros atrás e a falta de acerto nas ocasións claras pesaron no resultado definitivo.
Clave do partido
Os erros defensivos e os fallos na finalización condicionaron un partido no que Casás tivo opcións reais de puntuar.
Frase do adestrador
«La actitud con el resultado en contra es lo que hay que demostrar en los próximos partidos todos juntos.»
Próximo enfrontamento
O Casás enfrontarase ao Lago Sport, un rival esixente e ideal para tentar recuperar sensacións positivas e volver sumar.