Derrota ante o OAR e resposta contundente no derbi fronte ao BM Viveiro.
Fin de semana de contrastes para o Cadete Masculino do Millavén CP Lucense, que pasou da frustración do venres en Coruña á exhibición ofensiva do domingo en Viveiro.
No primeiro compromiso, ante o OAR, o partido estivo equilibrado durante a primeira metade, cun marcador ao descanso de 16-13 que deixaba todo aberto. Porén, na segunda parte os erros no lanzamento penalizaron aos lucenses, circunstancia que os locais aproveitaron para ampliar diferenzas cun parcial de 24-16 e pechar o encontro no 40-29 definitivo. A pesar do resultado, destacou a actuación de David, autor de 17 goles, ben secundado por André, con 9, e por Héctor, con 3.
A resposta non se fixo agardar. No derbi do domingo ante o BM Viveiro, Millavén mostrou unha imaxe moi distinta. Desde os primeiros minutos levou o mando do xogo e do marcador, chegando ao descanso cunha vantaxe de 16-21. Na segunda metade, os lucenses mantiveron a intensidade e incrementaron o seu acerto ofensivo, asinando un parcial de 15-21 que levou o marcador ao contundente 31-42 final.
Neste segundo encontro brillou André, máximo anotador con 13 goles, acompañado por David (11) e Brayan (9), nunha actuación coral que permitiu ao equipo recuperar sensacións e sumar un triunfo de mérito.
OAR 40 – Millavén CP Lucense 29 (13+16)
Alineación: Dani; Óscar, Nuno, Héctor (3), Rodrigo, Andrés, David (17), Breixo, Aryan, André (9) e Ernesto.
Árbitros: Martina Regueiro e Jorge Sánchez.
BM Viveiro 31 – Millavén CP Lucense 42 (21+21)
Alineación: Dani; Óscar, Nuno (1), Héctor (5), Rodrigo, David (11), Breixo (2), Brayan (9), Aryan, André (13) e Ernesto (1).
Árbitro: Jose López.