Unha gran reacción ata o 3-3 non foi suficiente fronte a un rival moi efectivo.
Xuvenil División de Honra
Lugo Sala Acasti Reformas – San Cristóbal
Resultado ao descanso: 0-2
Resultado final: 3-6
Alineación: Álex, Rión, Aitor, Braisete, Sanfiz
Banquillo: Vila, Yagolin, Maikol, Rodrigo, Dela, Iago N., Lois, Seo
Goleadores: Dela, propia porta x2
Destacados da xornada: 3. Rión 2.Sanfiz 1.Dela
Resumo do partido:
O encontro comezou cun ritmo contido, con moito xogo no centro da pista e poucas ocasións claras para ambos equipos. O Lugo Sala mantivo a orde defensiva durante boa parte da primeira metade, pero dous erros graves, un en defensa e outro na saída de balón, foron aproveitados polo San Cristóbal para marchar ao descanso cun 0-2 no marcador. Tras o paso polos vestiarios, o partido colleu máis dinamismo e os lucenses lograron recurtar diferenzas, devolvendo a emoción ao encontro. Porén, cando mellor estaban os locais, un novo erro defensivo permitiu ao rival anotar o 1-3. Lonxe de renderse, o equipo de Christian tirou de orgullo e intensidade, subindo unha marcha en todas as liñas e logrando igualar o marcador ata o 3-3, nun dos mellores momentos do partido para o Lugo Sala. Co empate, parecía posible darlle a volta ao encontro, pero o San Cristóbal volveu amosar eficacia, aproveitando dous novos fallos para colocarse 3-5. Xa nos minutos finais, co porteiro-xogador, un roubo de balón sentenciou o choque co definitivo 3-6, nun resultado demasiado castigo para o esforzo realizado.
Clave do partido: Os erros en momentos decisivos acabaron penalizando en exceso ao Lugo Sala.
Frase de Christian:
«Es muy complicado puntuar ante un gran rival si cometes tantos errores.»
Próximo enfrontamento:
O Lugo Sala afrontará agora unha saída esixente para medirse ao Valladolid Tierno Galván, nun novo reto para seguir medrando na categoría.