Connect with us

Fútbol Sala

Reacción e vitoria de Casás na Preferente xuvenil

Un cambio de actitude clave tras un inicio moi complicado permitiu aos lucenses impoñerse con claridade.

Preferente Xuvenil Masculina
Casás 8 – 4 Vianariño

Resultado ao descanso: 3-3
Resultado final: 8-4
Aliñación: Carballo, Bruno, Samu, Pablo, Jorge
Banquiño: Rodri, Jacobo, Diéguez
Goleadores: Samu (4), Pablo, Jorge, propia portería
Destacados da xornada: Samu, Pablo, Bruno

Resumo do partido:
O encontro comezou de maneira moi adversa para Casás, que non saíu ben á pista nos primeiros cinco minutos e viuse sorprendido cun 0-3 favorable ao Vianariño. Ese inicio obrigou ao equipo local a parar o partido cun tempo morto que resultou decisivo. A partir dese momento, os lucenses cambiaron por completo a súa cara, axustaron liñas e comezaron a impoñerse en todos os aspectos do xogo, especialmente no traballo defensivo. Esa melloría permitiulle igualar o marcador antes do descanso, ao que se chegou cun empate a tres goles. Na segunda metade, os de Ángel mantiveron a mesma actitude e a inercia positiva coa que pecharan a primeira parte, logrando poñerse por diante e ampliar progresivamente a vantaxe. A seriedade defensiva e a eficacia ofensiva marcaron a diferenza ante un rival ao que non se lle concederon facilidades. O 8-4 final confirmou a terceira vitoria consecutiva dos lucenses, a mellor racha da tempada.

Clave do partido:
O gran cambio de actitude e de xogo tras os primeiros cinco minutos.

Frase de Ángel:
«Seguimos con esta dinámica positiva que la queremos alargar lo máximo posible.»

Próximo enfrontamento:
Casás viaxará a Ferrol na próxima xornada na procura da cuarta vitoria consecutiva, nun encontro esixente ante O Parrulo, que actualmente se atopa un punto por riba dos lucenses na clasificación.

Advertisement