Connect with us

Fútbol Sala

Quedan tres partidos, tres finais para Lugo Sala na máxima categoría

A boa actuación do equipo non foi suficiente para puntuar nunha das pistas máis difíciles da máxima categoría.

Xuvenil División de Honra
San Cristóbal – Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 2-2
Resultado final: 4-3

Aliñación: Álex, Dorado, Braisete, Mera, Sanfiz
Banco: Vila, Dela, Rión, Seo, Rodrigo
Goleadores: Rión, Sanfiz, Mera
Destacados da xornada: Dorado, Sanfiz, Mera


A primeira parte foi moi igualada e parella. O Lugo Sala adiantouse tras un roubo en campo contraria, pero o San Cristóbal empatou rapidamente tras unha perda perigosa. O equipo lucense mantívose competitivo e conseguiu poñerse por diante nunha boa acción de ataque posicional, pero outro erro permitiu ao rival empatar antes do descanso, deixando o marcador 2-2.

Na segunda parte, o Lugo Sala volveu poñerse por diante cun gol a balón parado, pero nun tramo de dous minutos encaixou dous goles consecutivos que lle deron a volta ao marcador, poñéndose 4-3. O Lugo Sala intentou reaccionar co porteiro xogador nos últimos instantes, pero non foi capaz de conseguir un empate.

Clave do partido: Un tramo malo de dous minutos na segunda parte que nos fixo encaixar 2 goles.

Frase de Christian:
«Partido moi completo no que os erros puntuais non nos permitiron sumar nunha das pistas máis complicadas da categoría.»

Próximo enfrontamento:
O Lugo Sala recibirá ao Valladolid Tierno Galván, cuarto clasificado, que non se xoga nada a nivel clasificatorio.

Patrocinio