Un gran partido de A Piringalla ante un dos mellores equipos da liga, serve de impulso para o que queda de tempada.
Alevín Preferente Masculina
Piringalla Huno peluqueros vs 5 Coruña
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 3-3
Aliñación: Thiago (PO), Martiño, Mateo, Izan, Pelayo
Banquiño: Lucas, Samuel (PO), Sergio, Nico Meilán, Lozano, Bosco
Goleadores: Pelayo (2), Martiño
Destacados da xornada: Pelayo, Martiño, Izan
Resumo do partido:
A Piringalla afrontou un partido ante un rival superior, tal como indicaba a clasificación, pero os de Juan fixeron un partido memorable, o mellor da tempada ata agora. O encontro comezou de marabilla para os lucenses, cun golazo de Pelayo tras un rexeite dun córner que se foi á escuadra. Ese tanto axudou a darlles moita confianza, pero o 5 Coruña non tardou en igualar cun gol ao segundo palo. A primeira parte foi moi disputada, con poucas ocasións para ambos, pero A Piringalla traballou moi ben na defensa, aguantando os ataques do rival.
Na segunda parte, o 5 Coruña adiantouse rapidamente, pero A Piringalla non baixou os brazos. Co cambio de Pelayo ao pivote, melloraron moito, e Martiño igualou o marcador cun gol tras unha xogada de 2 contra 1 con Pelayo. O partido estivo máis equilibrado, con varias ocasións para os locais, pero o 5 Coruña volvía adiantarse cun golazo á escuadra cando mellor estaban os de Juan. Aínda así, Pelayo seguiu sendo decisivo, recuperando un balón no pivote e facendo o 3-3 en xogada individual. Nos últimos minutos, o partido estivo cheo de tensión, pero A Piringalla soubo sacar o empate adiante, mostrando gran carácter ante un gran rival.
Este empate, máis que un simple punto, vai dar moita confianza ao equipo para o que queda de tempada.
Clave do partido:
O traballo defensivo e a capacidade de non rendirse, a pesar de ir por detrás no marcador, foron claves para sacar un empate contra un rival superior.
Frase de Juan:
«Estoy muy orgulloso de estos niños y del crecimiento a lo largo de esta temporada.»
Próximo enfrontamento:
A Piringalla viaxa á próxima xornada para enfrontarse ao Lago Sport, último clasificado. O equipo buscará manter a boa dinámica e seguir sumando para loitar pola permanencia.