Connect with us

Patrocinio

Primeira visita de Miguel Fernández coma alcalde de Lugo ao Club Fluvial

O rexedor destacou o papel do club como espazo de encontro interxeracional e puxo en valor a súa dimensión deportiva, cultural e social.

Estivo acompañado pola concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, nun percorrido polas instalacións e nunha xuntanza coa directiva da entidade.

“Falamos dunha institución pola que pasaron diferentes xeracións de lucenses e que segue a ser un referente tamén no eido das actividades culturais e familiares”, subliñou o alcalde

 alcalde de Lugo, Miguel Fernández, realizou esta mañá a súa primeira visita institucional ao Club Fluvial desde que asumiu a Alcaldía. Estivo acompañado pola concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, e foi recibido polo presidente da entidade, Tito Valledor, e outros membros da súa xunta directiva.

Durante a visita, o rexedor asinou no libro de ouro da entidade, onde deixou constancia da relevancia do club “máis alá da súa dimensión deportiva, como punto de encontro fundamental para a cidade ao longo das últimas décadas”.

Miguel Fernández expresou o seu agradecemento pola acollida e valorou a importancia do Club Fluvial como “un espazo que forma parte da memoria colectiva de Lugo, ligado á aprendizaxe de disciplinas como a natación, pero tamén á convivencia, á cultura e ao lecer das familias durante o verán”.

O Club Fluvial de Lugo é unha das entidades deportivas e sociais con maior número de socios de Galicia, cunha longa traxectoria que o converte nun referente da vida lucense. Ao remate da visita, o alcalde e a concelleira trasladaron o seu compromiso de manter unha liña de colaboración activa co club, apoiando os seus proxectos presentes e futuros.

Patrocinio