Connect with us

Fútbol Sala

Pleno ao quince sen discusión: o Ribeira infantil manda con autoridade

Quince partidos, quince vitorias e unha nova exhibición para manter un rexistro perfecto

Infantil Preferente Masculina
Alto do Vento vs Ribeira FS Meizoso Fernández

Resultado ao descanso: 0-5
Resultado final: 1-10
Aliñación: Matías, Yoel Darriba, Alex Freire, Hugo Álvarez, Martín Ferreiro
Banquiño: Pablo Arias, Unai Vázquez, Pablo Piñeiro, Dani Prieto, Alberto Durán
Goleadores: Alex Freire (3), Alberto Durán (3), Hugo Álvarez (2), Pablo Piñeiro, Martín Ferreiro
Destacados da xornada: 1.Alex Freire 2.Alberto Durán 3.Yoel Darriba

Resumo do partido:
O Ribeira FS Meizoso Fernández saíu ao encontro cunha intensidade altísima, decidido a manter o seu pleno de vitorias. Xa nos primeiros minutos comezou a xerar ocasións con claridade e, aos dous minutos, Hugo Álvarez abriu o marcador cun disparo lonxano que puxo o 0-1. O dominio visitante foi total, cunha presión moi alta e unha circulación rápida que apenas permitía ao Alto do Vento saír á contra. Mediado o primeiro tempo, unha gran xogada colectiva rematou cun disparo á escuadra de Martín Ferreiro para facer o 0-2, un golpe que afectou claramente ao conxunto local. A partir dese momento, o Ribeira aproveitou a baixada de brazos do rival para ampliar a vantaxe e deixar o partido practicamente sentenciado ao descanso cun contundente 0-5.

Na segunda metade, o guión non cambiou. No primeiro minuto, Alex Freire marcou o 0-6 nun gol temperán que deixou o encontro visto para sentenza. Co partido controlado, o Ribeira baixou o bloque a media pista e seguiu facendo dano á contra, facendo medrar o marcador ata o 0-7. Nun despiste defensivo chegou o único gol local (1-7), pero non houbo opción de reacción. Os visitantes retomaron o control e os goles foron caendo ata pechar o marcador nun claro 1-10, culminando unha nova actuación moi sólida dun equipo que non baixa o nivel xornada tras xornada.

Clave do partido:
O acerto temperán, que fixo que o rival baixase os brazos moi pronto e permitiu ao Ribeira controlar o encontro desde o inicio.

Frase de César:
«Seguimos a un gran nivel de xogo. Hai que seguir nesta liña que despois do parón que temos para a semana, veñen partidos moi complicados.»

Próximo rival:
O Ribeira FS Meizoso Fernández descansará na próxima xornada, antes de afrontar un tramo de calendario esixente.

Advertisement