Connect with us

Fútbol Sala

Piringalla Alevín colle a recompensa: punto de ouro nun trepidante 6-6 ante Hercules

Despois de cinco xornadas sen puntuar, o equipo volve sorrir cun empate de mérito nun partidazo cheo de alternativas.

Alevín Preferente Masculina
Hercules FS vs Piringalla Huno Peluqueros
Resultado ao descanso:
1-2
Resultado final: 6-6

Aliñación: Samuel, Martiño, Mateo, Izan, Pelayo
Banquiño: Lucas, Thiago, Sergio, Nico Ferreiro, Lozano, Alex de la Peña

Goleadores: Nico Ferreiro, Alex de la Peña, Pelayo (3), Lucas

Destacados da xornada:

  1. Nico Ferreiro
  2. Pelayo
  3. Martiño

Resumo do partido:
A Piringalla asinou unha primeira parte case perfecta, sólidos en defensa, concedendo moi pouco e controlando os tempos do encontro. Tras dez minutos disputados, a entrada de Nico Ferreiro e Alex de la Peña deu un salto ofensivo enorme, permitindo ampliar a vantaxe ata un 0-2 que puido ser maior. Nos últimos instantes antes do descanso, un par de erros na saída de balón deron vida ao Hercules, deixando o marcador en 1-2.
A segunda parte foi puro fútbol sala, un autentico espectáculo. Un infortunio nada máis comezar —un balón que rebota en Sergio e acaba en propia porta— supuxo o empate e provocou uns minutos de desconexsión que o Hercules aproveitou para darlle a volta ao marcador con dous goles consecutivos. Pero a Piringalla non se rendeu, Pelayo marcou un golazo pola escuadra dende lonxe e, un minuto despois, Lucas culminou unha transición perfecta para devolver a igualdade. O duelo converteuse nun auténtico ida e volta, con ocasións constantes en ambas áreas. O Hercules volveu poñerse por diante cunha nova dobre diana. Todo facia indicar, que outra vez, os de Juan perderían puntos nos últimos minutos, pero o carácter da Piringalla saíu á luz, e Pelayo, en estado de graza, respondeu con outros dous golazos para selar un empate épico. Os últimos dous minutos, con dous goles para cada equipo, puxeron en pé ao público e confirmaron un partido para lembrar.

Clave do partido:
A intensidade e a fe do equipo durante os 40 minutos permitiron manter opcións ata o final, atopando por fin a recompensa que o xogo xa merecía desde xornadas atrás.

Frase de Juan:
«Repito lo mismo de la semana pasada, este es el camino y aquí está la primera recompensa.»

Próximo enfrontamento:
A próxima xornada será contra o Esteo, un choque que os lucenses afrontaran coa moral alta e coa intención de transformar este punto en nova suma positiva.

Advertisement