Connect with us

Fútbol Sala

Peche de tempada para o Ribeira Cadete

Os lucenses recortaron distancias, pero a falta de acerto e os erros defensivos decidiron o encontro

Cadete Preferente, Copa, Oitavos de Final
Ribeira FS Carpintería JDR – Laca Sicilia in Bocca
Resultado ao descanso: 1-2
Resultado final: 3-4

Aliñación: Erik, Samuel, Pablo, Mario, Bruno.
Banco: Juan, Hugo, Josito, Pablo A, Iago F, Dani, Iago V.
Goleadores: Mario (3).

Destacados da xornada: O traballo conxunto, destacando o hat-trick de Mario.

O Laca Sicilia en Bocca iniciouse con defensa repregada, dificultando os ataques dun Ribeira que non conseguiu atopar o ritmo adecuado e viu como os visitantes golpeaban primeiro cunha vantaxe de 0-2. Antes do descanso, o equipo de Iago subiu liñas, e mellorou o seu xogo, podendo recortar distancias co 1-2.

Na segunda metade, os lugueses intentaron manter a presión alta e xerar ocasións, pero os visitantes aproveitaron os espazos para manter a vantaxe, e ampliala, co 1-3. Os de Iago continuaron insistindo e anotaron un novo gol, para o 2-3, que poñia o partido máis que interesante, pero pouco despois encaixaron de novo. A falta de tres minutos, o Ribeira recurtou distancias ata o 3-4, pero non logrou empatar, a pesar das ocasións que gozou no tramo final.

Clave do partido:
A falta de acerto nos momentos clave e as malas decisións en defensa condenaron ao Ribeira.

Frase de Iago
«Os pequenos detalles e decisións deciden os partidos igualados, hoxe saíu cruz.»


Remata a tempada para o Ribeira Carpinteria JDR Cadete, pechando unha campaña de aprendizaxe e esforzo continuo.

Patrocinio