Os xogadores de César impoñen o seu ritmo e vencen 3-6 ao Lago Sport
Infantil Preferente Masculina
Lago Sport vs Ribeira FS Meizoso Fernández
Resultado ao descanso: 2-3
Resultado final: 3-6
Aliñación: Dani Prieto , Alex Freire, Hugo Jartin, Hugo Álvarez, Martín Ferreiro
Banquiño: Hugo Fontao, Pablo Arias, Pablo Piñeiro, Alberto, Matías (P), Unai Vázquez, Bruno Díaz
Goleadores: Hugo Jartin (2), Martín Ferreiro (2), Matías, Hugo Álvarez
Destacados da xornada:
- Hugo Jartin
- Martín Ferreiro
- Alex Freire
Resumo do partido:
O Ribeira FS Meizoso Fernández demostrou a súa forza e frescura desde o inicio, cun comezo fulgurante que os levou a poñerse 0-2 nos primeiros minutos grazas a un xogo rápido e directo. Tras un erro defensivo que permitiu ao Lago Sport recurtar distancias (1-2), o partido se igualou e, nun córner despois de varios rebotes, chegou o empate a 2-2. Pero o equipo visitante reaccionou rápidamente, e Martín Ferreiro fixo o 2-3 antes do descanso nunha xogada colectiva que destacou pola súa beleza e precisión.
Na segunda metade, o Ribeira mantivo o control do xogo, dominando a posesión e xenerando boas ocasións. O Lago Sport tentou saír á contra, pero a intervención de Matías evitou que se puxeran por diante. A falta de 5 minutos, un brillante pase de Alex Freire permitiu a Martín Ferreiro anotar o 2-4 cun disparo potente. Co partido xa na súa man, o Ribeira aproveitou o risco do Lago Sport ao xogarse a portería de 5×4. Matías fixo o 2-5 desde a súa propia área, e Hugo Jartin rematou o traballo ao marcar o 2-6 nun roubo de balón. Un gol de carambola no último minuto pechou o marcador en 3-6.
Clave do partido:
A paciencia e circulación do balón, que permitiu xerar ocasións de gol e dominar o xogo.
Frase de César:
«Partidazo entre dous equipos que xogan moi ben ao fútbol sala. Seguimos en moi boa dinámica.»
Próximo rival:
O Ribeira FS Meizoso Fernández preparase para un novo reto fronte ao Troula Betanzos, onde buscarán manter a súa impoluta racha .