Un gol no último suspiro culmina a sexta vitoria consecutiva , que reafirma aos lucenses como equipo máis en forma da categoría.
Xuvenil Honra Gr. 1
Ribeira FS Sibuscascoche – O Parrulo FS
Resultado ao descanso: 2-2
Resultado final: 4-3
Alineación: Hugo Sánchez, Saúl, David, Iker, Tubio
Banquiño: Pablo Dorado, Dani, Marco, Mateo, Iago, Miguel, Héctor
Goleadores: Dani, David, Propia porta (2)
Resumo do partido:
A igualdade foi máxima durante toda a primeira metade entre dous equipos moi parellos na clasificación e cunha proposta de xogo moi similar. O Ribeira FS comezou mellor, presionando dende o saque inicial, aínda que foi O Parrulo quen logrou adiantarse no marcador nun dos seus bos momentos co balón. A reacción local non tardou en chegar e David empatou cun disparo lonxano. O partido mantívose moi intenso, con presión a toda a pista por parte de ambos conxuntos, e nun roubo seguido dunha acción individual de David, o seu pase ao segundo pau acabou en gol en propia porta do defensor visitante. Porén, catro minutos antes do descanso, O Parrulo aproveitou un erro na saída de balón do Ribeira para poñer de novo a igualada.
Na segunda parte o encontro converteuse nun intercambio constante. O Parrulo asumiu o control do balón nos primeiros minutos, xerando ocasións sen acerto, mentres que o Ribeira foi equilibrando o xogo. A doce minutos do final, outra perda na saída de balón permitiu ao conxunto visitante poñerse por diante. Durante varios minutos o Parrulo dominou claramente, pero un saque de esquina botado por Iago acabou no empate tras un rebote que o porteiro non conseguiu despexar. Co partido roto, as ocasións sucedéronse en ambas áreas ata que, a só 30 segundos do final, Dani aproveitou un novo rexeite do porteiro tras outro saque de esquina para marcar o 4-3 definitivo.
Clave do partido:
A capacidade do Ribeira FS para sufrir nos momentos de dominio rival e saber aproveitar os seus tramos de control foi decisiva.
Frase do adestrador:
«Estamos sendo capaces de competir moi ben contra grandes rivais. O equipo esta nunha boa dinamica de resultados e imonos ao Nadal con moi boas sensacions»
Próximo enfrentamento:
Os de Pablo Díaz viaxan agora a Noia para enfrontarse ao Portus Apostoli, líder da competición, cun só partido perdido como local, mentres que o Ribeira tamén só perdeu un encontro como visitante. En caso de vitoria, os lucenses situaríanse a tan só catro puntos do primeiro posto.