Connect with us

Fútbol Sala

Os Meigallos infantil feminino levouse o botín no derbi ante Casás

As locais reaccionaron tralo descanso, pero a falta de acerto marcou o desenlace

Infantil Feminina preferente
Casás – Os Meigallos

Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 0-3
Aliñación: Alicia, Carla, Daniela, Cintia, Ximena
Banquiño: Ildara, Sarai, Uxía, Noa López, Nerea
Destacadas da xornada: Cintia, Sarai, Daniela

Resumo do partido:
Ao Casás custoulle moito entrar no encontro, nunha primeira parte marcada polos erros non forzados e pola falta de fluidez no xogo. O equipo non estivo cómodo sobre a pista e un disparo afastado do rival acabou converténdose no único gol da primeira metade, obrigando ás locais a remar desde atrás no marcador.
Tralo descanso, o panorama cambiou. O rapazas de Juan Carlos saíron máis tranquilas, con axustes claros e cunha actitude moito máis competitiva. As xogadoras amosaron ambición, intensidade e xeraron varias ocasións claras para igualar o partido, pero o balón non quixo entrar. Mentres tanto, as do Meigallos estiveron máis acertadas nas súas chegadas e foron ampliando a vantaxe ata pechar o encontro co 0-3 final, nun marcador que non reflicte o esforzo da segunda parte.

Clave do partido: O rival estivo acertado e o Casás tivo as súas ocasións; cando o balón non quere entrar, pasan estas cousas.

Frase de Juan Carlos: “Con el trabajo llegarán los resultados, vamos por el buen camino. Darle la enhorabuena a todas las niñas por el trabajo realizado”

Próximo enfrontamento: 5 Coruña, nun partido no que o Casás buscará transformar o bo traballo en resultados.

Advertisement