O Benxamín impón o seu xogo e resolve o partido gañando todos os cuartos.
O Benxamín do Millavén CP Lucense volveu deixar mostras do seu progreso cun triunfo claro ante o BM Narón, nun encontro no que os lucenses dominaron de principio a fin.
O equipo amosou unha gran regularidade ao longo dos catro períodos, conseguindo impoñerse en todos os cuartos disputados, o que lle permitiu controlar o marcador sen sobresaltos. A boa organización e o xogo colectivo foron claves para manter sempre a iniciativa.
O resultado final de 12-4 reflicte esa superioridade dun grupo que continúa medrando e sumando experiencia en cada xornada.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Mateo, Tiago, Brais, Mario, Roi, Gianni e Xian.