Connect with us

Fútbol Sala

Os infantís de Álvaro xeraron máis, pero marcharon sen premio

O Lugo Sala Acasti competiu ata o final, pero a falta de contundencia privouno de puntuar

Infantil Preferente Masculina
DvLagoSport vs. Lugo Sala Acasti

Resultado ao descanso: 2-2
Resultado final: 3-2

Alineación: Asier, Antón, Enzo, Pedro, Iker Rojo
Banquiño: Dani Lombardero, Antón Quiroga, Gael, Antón Otero, Antón

Goleadores: Enzo, Iker Rojo
Destacados da xornada: Iker, Antón, Pedro

Resumo do partido:
A primeira parte estivo marcada polas posesións longas do DvLagoSport, que controlou máis balón pero sen xerar excesivo perigo ante unha defensa do Lugo Sala ben organizada e cómoda co plan de partido. O encontro desenvolveuse con moito respecto entre ambos equipos, cun ritmo controlado e poucas ocasións claras. Os goles chegaron máis por erros puntuais que por accións elaboradas, mantendo o partido igualado e sen grandes sobresaltos ata o descanso.
Na segunda metade o guión foi moi similar, aínda que o Lugo Sala Acasti deu un paso adiante e conseguiu xerar máis xogo ofensivo e sensación de perigo. Porén, nun erro defensivo, o DvLagoSport logrou poñerse por diante no marcador. A partir dese momento, os de Álvaro buscaron con insistencia o empate, acumulando chegadas e ocasións, pero sen a eficacia necesaria. O encontro decidiu nos detalles, e xa nos últimos segundos, os lugueses dispuxeron dun lanzamento de 10 metros para igualar, pero novamente a fortuna non estivo do seu lado, pechándose o partido cun axustado 3-2.

Clave do partido: A falta de contundencia nos momentos decisivos.

Frase do adestrador (Álvaro):
«Nos toca trabajar, y confiar más todavía en que el trabajo siempre tiene recompensa.»

Próximo rival: Os de Álvaro recibirán ao Troula Betanzos, coa intención de sumar a primeira vitoria do 2026 e transformar o bo traballo en puntos.

Advertisement