Os lucenses logran ampliar a súa vantaxe tralo descanso e suman unha vitoria cómoda fóra de casa.
Cadete Preferente Masculina
CD Laca vs Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 3-5
Resultado final: 4-11
Alineación: Álvaro, Mateo, Antón, Pepe, Gabri
Banquiño: Villamor, Xoel, Lucas
Goleadores: Antón (5), Pepe, Xoel (2), Gabri, Lucas
Destacados da xornada: Álvaro, Antón, Mateo
Resumo do partido:
Nos primeiros 10 minutos do partido, o porteiro Álvaro foi a peza clave para que o Lugo Sala mantivese o tipo tras o arreón inicial do equipo local. A partir de aí, os lucenses aproveitaron as súas ocasións para adiantarse por 1-5 no marcador, aínda que no último minuto do primeiro tempo, o equipo local conseguiu reducir distancias ata o 3-5. Na segunda parte, tras un inicio no que o equipo local intentou reaccionar, os rapaces de Miki souberon xestionar a súa vantaxe e ampliaron pouco a pouco o marcador con momentos de xogo ben aproveitados, ata rematar co 4-11 final.
Clave do partido: A orde defensiva e o saber xestionar a vantaxe en diferentes momentos do partido.
Frase de Miki:
«Vitoria moi traballada a base de oficio defensivo e compromiso colectivo de todos os rapaces.»
Próximo enfrentamento:
O Lugo Sala achegarase a Ferrol para xogar contra o líder indiscutible da competición, o Parrulo FS.